Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Murmurios cuánticos

Aproveitar o corpo para mudar a voz, para mudar a pel. Crebar a palabra. Mmmmmm son. Gozar. A microscopía da palabra como goce para construir o verdadeiro. O primeiro murmurio.

Murmurios Cuánticos é unha peza de 20 minutos que emprega o microscópico da pel para construir unha linguaxe propia do meu universo feminino. 

Galego

Intempestiva

Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (galardoada coas Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración.

A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw.

INTEMPESTIVA

1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.

2. Que non é o máis axeitado, por non ser o habitual ou acostumado.

Galego

Villa y Marte

Unha nave espacial viaxa a Marte para colonizar o planeta vermello. Pero o capitán e o seu androide Trasto descubrirán que o planeta xa está habitado cando chegan a cidade de Martid, donde os veciños mutantes celebran unha verbena popular castiza ante os alieníxenas terrestres.

Para colmo de males, o capitán enamorase de unha chulapa marciana postiñeira de ollos hechiceiros (oito en concreto) e pretende fuxir con ela rumbo a Venus… Villa y Marte é a reinvención do xénero chico en clave ronlalera: humor, música en directo, teatro… e chotis.

Galego

ULTREIA

ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os

camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas

encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha

realidade onde todo é posible menos perder a ilusión. Neste traxecto, Teto viaxará con tres bailarinas que o

Galego

Ultreia "Ao final do camiño estás ti"

ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os

camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas

encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha

realidade onde todo é posible menos perder a ilusión. Neste traxecto, Teto viaxará con tres bailarinas que o

Galego

Wombo Combo

Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir.

Galego

Technocracia

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ó incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar o noso calor interno, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

Bailar é un acto de #resistencia.

Galego

Xabón Lagarta

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Galego

Xisco Feijoo e banda "Peixe"

Transportarémosvos ás foliadas, seráns e polavilas que, dende tempos inmemoriais ata hoxe, enchen as almas dos asistentes termando rebulir os pés dos máis inquedos e adonairando os sons nos ouvidos daqueloutros máis moderados.

Peixe é un relatorio onde se reivindica como necesarias todas aquelas características personais que son únicas, exclusivas e intrínsecas a cada ún de nós como verdadeiro nexo de unión e comprensión nas nosas relacións sociais,.

Galego

Si esto es un hombre

En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir Se isto é un home, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.

En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios