Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Uxia en concerto

Uxía, unha das maiores embaixadoras da música galega, presenta clásicos do seu repertorio arranxados especialmente para o formato trío, acompañada polo acordeonista João Gentil e o percusionista Quiné, dous dos mellores músicos da Península.

Galego

Nina Ninette

Elenco: Marta Alonso e Paula Quintas

Nina Ninette é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922) onde a figura dunha Cincenta (Nina) actual representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar, ... converténdose nunha heroina por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe.

Galego

Superheroe

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.

Galego

A pelo

Moncho Borrajo presenta "Nada" " Nada " o é todo .... Un show con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego sen política, e improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir.

Todo desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 45 anos encima das táboas.

Galego

Mocos

Elenco: Cándido Pazó e Afonso Castro

Espectáculo unipersonal inspirado nunha imaxe da pandemia: uns nenos no recreo, illados en cadanseu cadrado no patio dunha escola. Que memoria gardarán diso cando crezan? E como un moco que se espalla, nace un fío de divertidas historias escolares vividas e lembradas polos adultos de hoxe e que, desde o humor e a emoción, xogan cos medos e esperanzas que herdamos e deixamos en herdanza.

 

Galego

Mocap

Elenco: María de Dueñas; Victor Colmenero, Alvaro Chior e Manu Lago

MOCAP É UNHA PEZA DE DANZA EN DUAS PARTES NA QUE SE EXPLORA A IDEA DE AUSENCIA DE CORPOS TANXIBLES, EN CONTRAPOSICIÓN AO AUMENTO DE IMAXES DIXITAIS QUE OS SUSTITUEN.

Galego

MiraMiró

Creación e interpretación: Aina Pascual, Catalina Carrasco, Gaspar Morey

MIRAMIRÓ é UNHA VIAXE Ao COSMOS DA MAN DE JOAN MIRÓ

Unha coprodución do Teatre Principal de Palma e Baal coa colaboración de Successió Mirou e a Fundación Joan E Pilar Miró na elaboración de talleres.

É unha proposta de danza familiar, que pola súa orixinalidade, polo seu labor pedagóxico e, pola súa boa factura, esperamos que encaixe na programación infantil da rede de teatros galega.

Galego

Miña terra, meu lar

Amaro é un vello lobo de mar que un día, vendo como os ecosistemas mariños etán sufrindo unha verdadeira devastación, decide aportar o seu gran de area no coidado do que durante unha gran parte da súa vida foi a súa casa... o mar.

Miña terra, meu lar é un alegato cara ó coidado do noso partindo dun enfoque local e viaxando cara unha perspectiva global. 

A regra dos tres "R", o ciclo da auga, o calentamento global, ... serán algún dos contidos abordados dende unha perspectiva lúdica

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios