Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

MAUTHAUSEN. La voz de mi abuelo

O espectáculo quere transmitir o testemuño real de Manuel Díaz, sobrevivente ao campo de concentración nazi de Mauthausen, a partir dos recordos gravados por el mesmo antes de morrer, aos que dá vida Inma González, a súa propia neta.

MAUTHAUSEN. A voz do meu avó é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia, literalmente, de supervivencia.

Galego

Curva España

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Galego

Contacreques

Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.

É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.

O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".

Galego

Conexión Pingüín

Elenco

Luís Iglesia

Marcos Orsi

 

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo...  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

Galego

Comando Comadres

 Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.

O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.

Galego

Martins Aneiros Band

 Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

Galego

ITALINO GRAND HOTEL

Elenco: Jordi Magdaleno

Quen lava as miles de sabas dos hoteis?

No último soto do ITALINO GRAND HOTEL está a lavandería.  Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre sabas e esconde a soidade conversando coas máquinas e xogando coa súa propia sombra.

Galego

Strela do día

EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. STRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII).

Galego

Spotlight

A adrenalina ante o descoñecido, esperta os impulsos máis primitivos de alerta en nós.

Dirección: Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez.

Intérpretes: Clara Ferrao, Ignacio García, Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios