Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Coleccionistas - A arte feita comedia

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Galego

Cirqueiras

Espectáculo con diferentes números de danza, música e humor. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres. Un elenco de artistas que ademais do seu bo facer transmiten unha potente mensaxe de empodaremento e sororidade. 

Galego

Cantando Bajo la Magia

Luigi Ludus e especialista en maxia infantil. As súass propostas son orixinales e caracterízanse por facer xogos de maxia á vez que canta. “Cantando bajo la magia” é unha recopilación dos seus números máis populares e divertidos. Luigi é campeón nacional de maxia na categoría de maxia infantil e a súa maxia pasou pola maioría de festivais de maxia de toda España.

Galego

Cantacontos

En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

Galego

Backstage

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do espectáculo é todo un... pallaso.

Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.

Galego

As fillas bravas de Momán

As funcións faranse en ligua oral galega e lingua se signos (LSE), coa participación en escena de dúas intérpretes en lingua de signos.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Galego

Amantis

AMANTIS conta a historia de M. Un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.

Galego

BACKUP. A Resurrección de Nuno

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo felecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Galego

A Queima da fachada

UN ESPECTACULO ONDE SE COMBINAN DE FORMA MAXISTRAL RUTINAS DE LUME, CON ACROBACIA, E DANDOLLE MOITA IMPORTARCIA AS LUCES E A PIROTECNIA FRIA. PURO DINAMISMO E ACCIÓN DURANTE TODO O ESPECTÁCULO. IDEAL PARA TÓDOLOS PUBLICOS.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios