... e poñerán esposas ás flores
Elenco: Marcos Fernández como Tosan, Alejandro Carro como Katar, Andrés Mahía como Amiel, Klaus Martínez como Pronos e Iria Lamas como Imis.
Sinopse:

Elenco: Marcos Fernández como Tosan, Alejandro Carro como Katar, Andrés Mahía como Amiel, Klaus Martínez como Pronos e Iria Lamas como Imis.
Sinopse:
Sopa de Piedras fala de todas aquelas persoas que foxen da súa realidade en busca dunha oportunidade e chegan a un lugar onde se atopan unha sociedade que non ve ou non quere ver máis aló dela mesma e é incapaz de ver ao recentemente chegado como unha oportunidade e non como unha ameaza.
Falando desta sociedade, falamos de todos nós e daquelas pedras que nos atopamos na vida e que hai que converter en oportunidades e aprendizaxe.
Elenco: Marta Vise e Ruth Sánchez.
Sinopse:
Este espectáculo conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non queda máis remedio que fuxir dos seus respectivos países.
Traxicomedia sórdida con música en directo.
Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.
Elenco: Marco Aurelio González Ortiz , Neves Rodriguez Roman, Alfonso Espiño Louro, Cristina Fuentes Gutierrez , David Vazquez Rodriguez, Carla Alvarez Gonzalez,Tareixa Martinez Barral e Francisco Javier Villasenín Montoiro.
Sinopse:
Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade...
Elenco: Marni Santana e Ave Hernández
Sinopse:
Colgada dunha rama dun milenario Baobab, a mona Simona espera soñolienta a chegada do alba para saudar ao astro rei, o Sol. A todos os outros animais que pasan por baixo da súa árbore convídalles a ver o gran espectáculo, e para escorrentar o soño e a soidade da espera, pídelles que lle conten un conto.
Se a túa idea é que por causa da COVID-19 non vas poder volver bailar, estás nun grande erro. Os de Pesdelán argallaron a maneira de bailar cumprindo todas as medidas de seguridade desta nova época que nos toca vivir.
Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras aprenderannos dunha maneira moi sinxela como se bailan.
No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos. Nalgúns destes bailes as explicacións faranas as profesoras dende o escenario.
El dios del pop é o último espectáculo de Diego Anido
O Boletín NÓS cumpre 100 anos. Para celebralo, desde o seu berce fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo coproducen este Docu-Drama: celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.
Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.
Se pechas os ollos é un proxecto teatral que xorde das mentes das integrantes da Cía Trémola Teatro, partindo do texto da dramaturga Carmen Abizanda. Este é o primeiro proxecto da Cía, que aposta polo teatro como ferramenta de inclusión social.