Espazos Sonoros

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A paisaxe organística de Monforte de Lemos

Da man de membros do equipo de catalogación dos órganos de Galicia, os participantes coñecen o esplendor do que foi o patrimonio organístico e musical de Monforte e ollar moi de preto, nunha oportunidade única, os órganos de Santa María da Régoa e San Vicente do Pino, hoxe tristemente silentes, pero que, aínda co paso do tempo, conservan inalterables o seu porte e nobreza.

Galego

Rodericus Cardinalis

A Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla, da Universidade Complutense de Madrid, acolle nos seus andeis unha pequena xoia do patrimonio musical galego e ibérico. Trátase dun manuscrito de 1594 dedicado ao cardeal arcebispo de Sevilla, Rodrigo de Castro, que contén unha misa e un motete a seis voces e, agochado no debuxo na portada, un canon tamén a seis voces.

Galego

Música antiga con La Morra

Francesco da Firenze, máis coñecido como Francesco Landini, é un dos compositores italianos de maior sona do chamado trecento. Cego desde neno, Landini aprendeu a tocar diversos instrumentos, era cantor, escribía poesía e compoñía música. Tamén se ten noticia de que era un experto construtor de instrumentos musicais e de que tiña amplos coñecementos de filosofía e astronomía; unha especie de antecesor, en suma, do humanismo renacentista en pleno século XIV.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espazos Sonoros