Roteiro polo patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio
A xornada comezará de mañá para percorrer diferentes elementos do patrimonio arqueolóxico da zona. O percorrido sairá da aldea de Bermún, situada sobre o castro que leva o seu nome. Visitarase a cova de Bermún e farase un percorrido duns catro quilómetros ata o castro defensivo de Formigueiros, un asentamento da Idade de Ferro que foi escavado recentemente e no que se atoparon varias inscricións sobre lousas de xisto.