Paula Ríos
“El lirio, la sonrisa velada y la mano delgada. Cúpula amarilla y viento de plata” (En el cumpleaños de R. G. A. “Corona poética o pulsera de flor”, Federico García Lorca, 1898-1936)
“El lirio, la sonrisa velada y la mano delgada. Cúpula amarilla y viento de plata” (En el cumpleaños de R. G. A. “Corona poética o pulsera de flor”, Federico García Lorca, 1898-1936)
Como complemento ao concerto do tenor Wilfried Rogl e o Ensemble Rosarum Flores sobre as músicas arredor de Shakespeare, teremos oportunidade de visitar as instalacións do pazo de Mariñán e facer
un percorrido guiado polas dependencias da parte antiga do edificio. Tamén poderemos gozar da colección artística do pazo pertencente á Deputación da Coruña, que inclúe obras de autores galegos
desde o século XIX aos nosos días.
Wilfried Rogl, tenor
Ilse Strauß, frautas de bico
Wolfgang Praxmarer, cistro e arquilaúde
Anxo Quintela, recitado
“That thereby beautie’s rose might never die...” (Do Soneto 1 de William Shakespeare, 1564-1616)
Guilhem Terrail, alto
Roman Melisch, alto
Gerd Türk, tenor
Dominique Vellard, tenor e dirección
Giacomo Schiavo, barítono
Emmanuel Vistorky, barítono
Para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga, está prevista, con anterioridade ao comezo da sesión, unha visita guiada polo pazo de Liñares, un espazo que representa
un dos mellores expoñentes do que foi a arquitectura palaciana galega, non só polo que aínda se conserva da súa fisionomía, senón pola intensa vida social e tamén cultural que, dentro dos seus muros, se desenvolveu ao longo de séculos.
Benito Buíde, Nerea Casanova, Víctor Illán, Pablo Ruibal
Modera, Andrés Díaz
Algunha vez pensaches a que soa un cadro? Como soarían as escenas musicais que tantas veces vemos reproducidas nos libros ou contemplamos nos museos de todo o mundo? Que instrumentos son os que se reproducen, en que contexto se tocaban, en que espazos? Que contan eses cadros ademais do que percibimos pola vista?
Para coñeceres este enclave estratéxico de orixe medieval, un dos recintos fortificados máis importantes de Galicia e defensa fronteiriza con Portugal, Espazos Sonoros percorre en visita guiada as diferentes partes que compoñen o conxunto, o patio de armas, a igrexa de Santa María de Gracia, o pazo dos Condes, a torre das Damas, e a impresionante torre da Homenaxe, de 22 metros de altura, desde a que se poden contemplar unhas fermosas vistas da paisaxe sobre o val do río Támega.
Julia Cea, canto
Víctor Illán, guitarra barroca
Valentín Novio, tiorba e guitarra barroca
Ramón Pérez-Sindín, cravo
Pablo Ruibal, viola da gamba
Nunha fin de semana na que visitaremos diferentes lugares emblemáticos do Camiño Francés de Santiago, Espazos Sonoros dá tamén a oportunidade de afondar no coñecemento dunha pequena xoia da arquitectura vinculada a esta ruta, a igrexa románica de Vilar de Donas, que foi, entre outras cousas, igrexa monacal pertencente á orde do Camiño de Santiago e que destaca tanto pola súa arquitectura como polas pinturas murais que decoran o presbiterio, cuxa profusa decoración e iconografía poderase coñecer en detalle.
Hora: 17.30 h
María Luz Martínez e Rafael Muñoz, laúdes renacentistas
La Compagna é un dúo formado polo galego Rafael Muñoz e a andaluza María Luz Martínez, que naceu coa intención de afondar na interpretación dos repertorios de música para laúde renacentista, sobre todo dúos para laúde, un repertorio aínda descoñecido, pero dun exquisito refinamento compositivo.