Roldas pola paisaxe organística
As roldas pola paisaxe organística galega proseguen a súa andaina, na súa quinta edición de Espazos Sonoros, para visitar os órganos que se atopan ao longo da primeira etapa do Camiño Francés á súa entrada en Galicia, desde O Cebreiro ata Sarria, pasando por Samos. Trátase dos órganos do convento da Magdalena de Sarria, da importante abadía de Samos e da igrexa de Santa María a Real do Cebreiro.

