Espazos Sonoros

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Manseliña

María Giménez, voz, fídula oval, pandeiro

Valentín Novio, laúde medieval

Pablo Carpintero, instrumentos de vento e percusións do seu obradoiro tradicional 

Manseliña toma o seu nome dun poema de Estevan Coelho, xograr portugués do s. XIII, no que se atopa unha das poucas e ambiguas referencias á interpretación vocal da música medieval.

Galego

Ruta do antigo ferrocarril e visita guiada polos fornos

A ruta de Espazos Sonoros percorre once dos trinta e catro quilómetros da liña férrea que unía as minas de Vilaoudriz co porto de Ribadeo, liña a través da que se transportaba o mineral extraído naquelas minas para a súa comercialización. Transcorre desde a antiga estación da Pontenova, e á beira do río Eo, por unha fermosa paisaxe de ribeira, que forma parte da reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, ata internarse en Asturias e rematar en San Tirso de Abres.

Galego

A guitarra e os seus camiños

Xavier Díaz-Latorre, guitarra medieval, renacentista, barroca e viola de man

O guitarrista catalán Xavier Díaz-Latorre presenta en concerto en Espazos Sonoros un programa que fai un percorrido pola historia da música, desde a Idade Media ata o Barroco, no que mostra a evolución dun instrumento —a guitarra— desde as súas formas máis arcaicas, a guitarra medieval e renacentista, pasando pola viola de man, ata chegar á guitarra barroca.

Galego

Ruta pola contorna de Santa Mariña de Sela

A ruta comeza no lugar de Sela e descende cara ao río ata a praia fluvial. Alí os e as participantes atoparán interesantes elementos, coma un manancial de augas mineromedicinais que, a comezos do século XX, eran envasadas e vendidas en farmacias e droguerías, e que foran analizadas polo doutor Gil Casares, catedrático de Medicina da Universidade de Santiago. Tamén poden atopar, a unha e outra marxe do Miño, numerosas pesqueiras de lamprea. A ruta transcorre por unha paisaxe etnográfica e natural con moita habenza e fermosura e caracterizada polas videiras, produtoras do viño do Condado.

Galego

Visita guiada polo mosteiro de Sobrados dos Monxes

Para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga de Espazos Sonoros está prevista, con anterioridade ao comezo da sesión, unha visita guiada polo mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

Nela, os e as participantes  percorrerán os seus claustros —o Procesional ou dos Medallóns e o da Hospedería ou dos Peregrinos—, a igrexa barroca coa súa profusa decoración en pedra, as súas capelas e a sancristía, a antiga cociña abovedada e presidida por unha gran cheminea e a sala capitular, na que terá lugar o propio obradoiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espazos Sonoros