Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
Stefan Zweig foi un dos personaxes máis irrepetibles do século XX. Como xudeu, viuse obrigado a fuxir do seu país debido ao réxime nazi. Refuxiouse en París primeiro e, máis tarde, en Londres, pero Zweig acabou fuxindo de Europa canda a súa muller cara a América do Sur.
Christian é un pai divorciado que goza dedicando o seu tempo ás súas dúas fillas. É un valorado programador dun museo de arte contemporánea e é desa clase de persoas que conducen un coche eléctrico e apoian as grandes causas humanitarias.
Mentres un estraño personaxe atravesa as rúas da cidade ao volante dun vello taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, sen ser consciente da morea de acontecementos que lle sucederán nas próximas horas. Logo dunha fugaz aventura cun executivo, verase inmersa nunha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.
Nun pequeno pobo da Inglaterra de 1959, unha muller decide, en contra da educada pero implacable oposición veciñal, abrir a primeira librería que houbo nunca nesa zona.
Margo e Martin, unha parella holandesa, buscaban un paraíso onde vivir na natureza e construír o seu futuro. Tras viaxar dous anos e percorrer toda Europa, chegaron a Santoalla, unha aldea illada na montaña ourensá na que só vivía outra familia, os Rodríguez.
Documental que narra os feitos acontecidos na cidade Vigo en setembro 1972, no que o movemento de solidariedade co despedimento de cinco traballadores da factoría automovilística Citröen finalizou coa maior folga xeral da historia de Galicia, na que participaron arredor de trinta mil traballadores e traballadoras da bisbarra de Vigo.
Álvaro quere ser escritor, pero todo o que escribe é falso, pretencioso, insípido. Traballa como escribente nunha notaría de Sevilla e a súa vida é gris, coloreada só polos seus soños.
Cando o menor dos seus fillos se decata de que a súa nai perdeu a vértebra da súa bisavoa asasinada, gardada ao longo de tres xeracións, a familia emprende unha divertida procura entre os máis peculiares e estraños obxectos que Julita foi acumulando ao longo dos seus máis de oitenta anos.