Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi excéntricos. Cando a tensión de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos
Macbeth, duque de Escocia, recibe unha profecía dun trío de bruxas que di que un día se converterá en rei de Escocia. Consumido pola ambición e alentado á acción pola súa propia esposa, Macbeth asasina ao rei e ocupa o seu trono.
Valeria acábase de trasladar a Madrid tras a separación dos seus pais. No seu novo instituto asiste con outros compañeiros de clase a unhas reunións co orientador. Isto, que ao principio lle causa fastío, acábase convertendo nunha valiosa experiencia vital.
Maimiño é a historia dun pequeño mozo que quere sacar a súa familia da pobreza e decide marchar para a cidade xunto aos seus irmáns. Alí decátase de que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei nas tebras e sen auga, e que o soberano prometeu outorgar en matrimonio a súa filla, a princesa, a quen logre cortar a árbore.
Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira. Se non tivese as mans atadas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que encontrou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o inspector Leo Caldas somerxerase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando decidan falar, apuntarán nunha dirección inesperada.
Unha noite, nunha discoteca, ves a unha moza e namóraste automaticamente. Disllo pero non che fai caso. Insistes e consegues estar con ela o resto da noite. Convéncela e rematas na cama con ela. Que ocorrería se ao día seguinte non é a persoa que semellaba ser? Unha noite, nunha discoteca, estás cansa e vén o típico mozo que di que se namorou de ti. Dislle que se vaia, pero el insiste. Comprobas que non é o típico home, é gracioso, encantador e ademais namorouse. Notas que che gusta y rematas por acceder a pasar la noite con el.
Cornelia ten 60 anos e séntese infeliz desde que o seu fillo Barbu, 34 anos, decidiu ser independente custe o que custe. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva que non se merece, segundo Cornelia, e peor que todo o anterior, evita á súa agarimosa nai sempre que é posible.
Historia de tres heroes cotiáns, tres persoas que sofren as adversidades da vida e que loitan contra os máis terribles viláns: a morte, o desamor e a soidade.
Bruno regresa ao seu país de orixe despois dunha prolongada ausencia. A casa de campo que de neno compartía coa súa familia está agora en venda e todos se reúnen para despedir o lugar. A visita á “árbore magnética”, unha curiosidade local de estrañas propiedades, espertará nel sensacións e afectos case esquecidos.
Ópera prima da directora Isabel de Ayguavives, que ten como protagonistas a Agustín Silva ('Magic Magic') e Blanca Lewin ('O crítico') entre outros.
Sandra, coa axuda do seu marido, só dispón dunha fin de semana para ver os seus compañeiros de traballo e convencelos de que renuncien ás súas primas para que ela poida manter o seu traballo