Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
Sinopse: Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se derruba. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.
Unha mañá chuviosa. Seis homes armados asaltan a sede central dun banco de Valencia. O que ía ser un roubo limpo e fácil pronto se complica cando a directora da sucursal desvela un segredo oculto nunha das caixas de seguridade. Os ánimos acéndense entre os líderes da banda e a sospeita esténdese dentro e fóra do banco ata chegar a poñer en xaque o Goberno do país.
25 de agosto de 1944. Os aliados entran en París. Pouco antes do amencer, Dietrich von Choltitz, gobernador militar alemán, prepárase para executar as ordes de Hitler de voar a capital francesa. E, con todo, París non se destrúe. Por que razóns Von Choltitz se nega a levar a cabo as ordes do Führer, a pesar da súa lealdade sen límites ao Terceiro Reich? Foi Raoul Nordling, cónsul xeral sueco de París, quen fixo cambiar de opinión ao xeneral?
Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Oursense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido a baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo do encoro emerxían as ruínas do que foi, en tempos, un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia, unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para reencontrarse coa aldea da que foron expulsados.
Sinopse: Anos sesenta, barrio madrileño de Maravillas. Eloísa é unha abnegada esposa e nai eficiente que vive co seu marido, un garda municipal máis autoritario en casa que na rúa e ao que ás veces se lle vai a man. O seu fillo é un beato que saíu do seminario pouco antes de converterse en sacerdote, e que se pasa a vida estudando e rezando para expiar os pecados da súa familia. As fillas, dúas irmás obsesionadas cada unha á súa maneira pola riqueza, profésanse un profundo odio.
Noiteboa. No salón dun fogar conviven dous mundos de fantasía. Por unha banda, a árbore de Nadal, fogar de Santa Claus e os seus traballadores. Ao seu lado, un Belén cos pastores, os Reis Magos e o resto dos seus habitantes. Pero, cando todos están preparados para celebrar un tranquilo Nadal, salta a alarma: o Nadal está en perigo e ambos os mundos cúlpanse entre si.
Julián e Tomás, dous amigos da infancia que chegaron á madurez, reúnense despois de moitos anos e pasan xuntos uns días inesquecibles, sobre todo porque este será o seu último encontro, a súa despedida.
Nun remoto pobo de Turquía, cinco irmás medran nunha familia obsesionada coa tradición, e concretamente, coa virtude das mozas. A súa loita pola liberdade convértese nun magnífico e conmovedor pulso entre o pasado e o presente na Turquía actual.
Auschwitz, 1944. Saul Auslander é un prisioneiro húngaro que traballa nun dos fornos crematorios de Auschwitz. É obrigado a queimar todos os cadáveres dos habitantes do seu propio pobo pero, facendo uso da súa moral, trata de salvar das chamas o corpo dun pequeño rapaz a quen el cre o seu fillo e buscar un rabino para poder enterralo decentemente.
Sinopse: No medio dunha atmosfera máxica, nunha mina explotada polos Nazis chamada a “cidade dos alemáns”, perdida nas montañas galegas e que tamén se usaba como cárcere, Lobos Sucios conta unha historia de supervivencia, espionaxe e amor.