Cinemas de Galicia

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.

Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As altas presións

Miguel viaxa a Pontevedra, a súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizaciones para unha película. A súa viaxe lévao de regreso ao lugar no que medrou, ao reencontro con vellos amigos, pero, tamén, á posibilidade dunha nova relación: Alicia, unha moza enfermeira que conseguirá tranquilizalo.

Filme galego, dixirixo por Ángel Santos, Premio á mellor película da sección 'Las nuevas Olas' na XI edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla.

Galego

Le week end

Unha parella británica volve a París moitos anos despois da súa lúa de mel para intentar revitalizar o seu matrimonio. Alí atópanse cun vello amigo que actúa como un catalizador para o seu futuro.

Galego

Guillaume e os rapaces, á mesa

O primeiro recordo que teño da miña nai é de cando tiña catro ou cinco anos: chamábanos aos meus dous irmáns e a min á mesa dicindo: «Guillaume e os rapaces, á mesa!» e a última vez que falei con ela por teléfono, colgou dicindo: «Cóidate, miña nena grande». E entre estes dous momentos houbo un bo número de malentendidos.

Galego

O Raio

Logo de trece anos en España, Hassan xa non atopa traballo, así que decide emprender a viaxe de volta á casa. Inviste todos os seus aforros nun tractor de segunda man para gañar a vida no seu país e lévao a Marrocos conducindo.

Galego

10.000 km

Sinopse: Alex e Sergi pensan en ter un fillo, pero Alex consegue unha bolsa dun ano nos Estados Unidos (EUA)

Premios
Premios del Cine Europeo: Nominada a European Discovery - mellor ópera prima
Premios Goya: Mellor director novel. 3 nominacións
Festival de Málaga: 5 premios, Mellor película, director e actriz
Festival SXSW de Austin: Mellor actor e Mellor actriz

 

Galego

9 ondas

Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. 

Rodada integramente entre Pontevedra e Ourense, mestura no seu reparto actores e actrices como Isabel Risco, María Trasende, Miguel Manzano ou o italiano Darío Merlini, con non profesionais que se comportaron como tal.

Galego

Inevitable

Fabián e Mariela son a parella perfecta, el é executivo dun banco e ela ten unha consulta como psicóloga. A repentina morte dun compañeiro de traballo fai que Fabián busque refuxio nas teorías dun famoso escritor, as súas ideas converterano nun xoguete do destino.

Galego

Leviatán

Leviatán é unha película rusa de 2014 dirixida por Andréi Zviáguintsev, coescrita por Zviáguintsev e Oleg Negin, e protagonizada por Aleksei Serebryakov, Elena Lyadova e Vladimir Vdovichenkov. A película é unha reconstrución moderna do Libro de Job, ambientada nunha península no Mar de Barents.

Sinopse: Kolya vive nunha pequena cidade próxima ao mar de Barents, no norte de Rusia. É dono dun taller de coches que está preto da casa onde vive con Lilya, a súa nova muller, e Roma, o seu fillo dun matrimonio anterior.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cinemas de Galicia