A viaxe de Leslie
En xuño de 1943 un escuadrón de JU-88 alemán derriba un avión comercial frente á costa de Cedeira. Non hai superviventes. Entre os pasaxeiros aparece un nome ilustre, Leslie Howard
Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
En xuño de 1943 un escuadrón de JU-88 alemán derriba un avión comercial frente á costa de Cedeira. Non hai superviventes. Entre os pasaxeiros aparece un nome ilustre, Leslie Howard
Piedad viviu gran parte da súa vida en Leiroso, unha pequena aldea do Bierzo, illada do mundo urbano na compaña do seu home. Tras o falecemento do seu marido, Piedad convértese na única habitante da aldea
Xuño de 1945. Nelly, unha sobrevivente de Auschwitz, regresa á súa Berlín natal gravemente ferida, coa cara desfigurada, acompañada por Lene, da Axencia Xudía e amiga súa antes da guerra
Gummi e Kiddi son veciños e irmáns nun solitario val de Islandia. Dedícanse ao coidado das súas ovellas, premiadas en numerosas ocasións como as mellores de todo o país pola súa antiga e ancestral linaxe
Os habitantes dun pequeno pobo perdido nos bosques entre Galicia e Portugal viven e traballan rodeados por un bosque interminable. Incapaces de atopar unha saída, os Arraianos pregúntanse polas razóns do seu confinamento.
Luís e Elvira viaxan a Romanía tras contactar cunha organización criminal de Europa do Leste. Preto do seu destino reciben unha chamada que os obriga a cambiar a ruta.
A vida de Ana dá un xiro cando, semana tras semana, comeza a recibir un ramo de flores na súa casa. Sempre á mesma hora. E sempre de maneira anónima
A Rocío, nai solteira e sen traballo, apenas lle dá para comer. Temendo perder a tutela de Adrián, o seu fillo de oito anos, tenta aparentar unha vida normal. Pero a situación emperora cando o propietario da vivenda, angustiado tamén polas débedas, os denuncia por non pagar o aluguer
Inspirada na historia épica relatada no libro Leabhar Ghabala Eireann, un documento recollido da tradición oral irlandesa no século XI e no que se relata que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder milesio, partiu cara á illa de Irlanda tras divisala desde o alto da torre que levaba o nome do seu pai, a Thor Breoghán
Sinopse: A pequena Malva, fan de todo dispositivo tecnolóxico, vai vivir unha aventura, con misión de rescate incluída, chea de acción, suspense e diversión.
Unha das proxeccións de Cinemas de Galicia para todos os públicos.