Cinemas de Galicia

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.

Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lady Macbeth

Na Inglaterra rural de 1865, Katherine vive angustiada por culpa do seu matrimonio cun home amargado ao que non quere e que lle dobra a idade, e da súa fría e despiadada familia.

Galego

Handia

Tras loitar na Primeira Guerra Carlista, Martín volve ao seu casarío familiar en Gipuzkoa e alí descobre con sorpresa que o seu irmán menor, Joaquín, é moito máis alto do normal.

Galego

A librería

A finais dos anos 50 Florence Green decide facer realidade un dos seus maiores soños: abandonar Londres e abrir unha librería nunha vila da costa británica

Galego

Esquece Monelos

Hai máis neuronas nun cerebro humano ca partículas no universo. Pero se as puxésemos unha trala outra, se intentásemos ordenalas dende o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veríamos sería un pequeno río

Galego

Toni Erdmann

Winfried decide facer unha visita á súa filla Inés, que está traballando en Romanía. Pero nin a moza espera a chegada sorpresa de seu pai nin el agarda vela tan cambiada

Galego

Baixo a area

Cando Alemaña se rendeu en 1945, na costa occidental danesa comezou outra dura batalla: a dos soldados alemáns que foron obrigados a retirar miles de minas enterradas na area polo exército nazi.

Galego

Un amor de verán

1971. Delphine, filla de campesiños, marcha a París para fuxir do xugo familiar e conseguir emanciparse economicamente. Carole é parisiense, vive con Manuel e defende activamente os principios do feminismo. Delphine e Carole coñécense. A súa historia de amor cambiará as súas vidas.

Galego

Neruda

En 1948, o senador e escritor Pablo Neruda acusa o goberno chileno de traizoar aos comunistas no Congreso. O presidente González Videla desafórao e ordena a súa captura. O poeta emprende a fuxida do país xunto á súa muller.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cinemas de Galicia