100 metros
Ramón, pai de familia xa na treintena, vive para o traballo ata que o seu corpo empeza a fallar. Diagnosticado de esclerose múltiple, todos os prognósticos parecen indicar que nun ano non será capaz de camiñar nin cen metros.
Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
Ramón, pai de familia xa na treintena, vive para o traballo ata que o seu corpo empeza a fallar. Diagnosticado de esclerose múltiple, todos os prognósticos parecen indicar que nun ano non será capaz de camiñar nin cen metros.
O Turco é un home que deixou atrás a terra para ser forasteiro nunha cidade hostil á que se sente alleo. Desprazado polo conflito armado, vive en Cali co seu fillo, quen, seducido pola vida urbana, atopa na cidade un futuro posible.
Dous irmáns reencóntranse despois de cinco anos. Un estivo no cárcere. O outro roubou a un perigoso perista e agora foxe xunto a Diana, a súa filla pequena.
Os tres emprenden unha viaxe pola Andalucía violenta, mítica, agreste e salvaxe. Unha viaxe na que aparecen as vellas feridas do pasado e durante a cal os irmáns se ven obrigados a reconciliarse para salvar a vida.
Birdboy e Dinki son dous amigos que decidiron fuxir dunha illa asolada por unha catástrofe ecolóxica. Birdboy illándose do mundo; Dinki, emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe.
Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons da Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano atlántico e que lle axudará a mergullarase na indiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán do seu control como mareas rexidas por una lei superior
Por primeira vez na súa vida, vítima de problemas cardíacos, Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos, vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Pese a que o médico lle prohibe traballar, a administración obrígao a buscar un emprego se non desexa recibir unha sanción.
Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo á aldea en que naceu, onde espera atopar á fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño.
Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.
Michèle Leblanc é unha muller indestrutible. De forte personalidade e cun gran carácter para afrontar a realidade, as cousas cambian, non obstante, cando é asaltada e violada por un individuo no salón da súa casa. Despois dese incidente, Michelle decide non chamar a policía e continuar coa súa vida como si non tivera ocurrido nada, pero sempre con medo de aquel individuo puidese regresar
Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato na súa Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo foxe coa axuda do seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.
Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, percorre as oito etapas do Camiño entre Ourense e Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto nun accidente. A obra de Otero Pedrayo narra o camiño que realizou xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, desde Ourense a Santo Andrés de Teixido, en 1927.