Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.
Trala experiencia piloto desenvolvida a finais de 2014 en catro concellos, o circuíto camiña cara á progresiva ampliación dos seus espazos e dos títulos que conforman o seu catálogo, no que a produción galega dialoga sen complexos co cine europeo actual.
Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.
O traspés financieiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar o guión dun filme en dúas semanas. Entre el e dous recoñecidos guionistas galegos mergúllanse nun proceso creativo que non parece ir a bo porto.
Filme do director galego Alfonso Zarauza cheo de humor, honestidade e melancolía.
Alfredo, un médico retirado, vive nunha casa rural no interior de Galicia, a que esporadicamente o visita o se fillo. Cada mañá levántase e controla de maneira metódica o invernadoiro e o aparato que deseñou para gardar o corpo crioxenizado da súa muller.
Funes foi un galego da comarca de Quiroga, de principios do século XX, obsesionado coa ciencia e a física, un inventor puro que abandonou todo para cumprir o seu soño, ir aos Estados Unidos e traballar na NASA
A troa de trapo é un grupo de irresistibles mascotas que intentará seducir aos nenos e nenas que están espertando ao mundo atrapándoos nunha divertida aventura .
Sinopse: Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos pero armado dunha maxia sorprendente, logra que vos malvados guerreiros fuxan espavorecidos.
Os Verneuil son un elegante matrimonio de provincias, tradicional, dos de toda a vida. As vodas das súas primeiras tres fillas non foron como seus pais soñaban. O señor Verneuil nunca imaxinou ter un xenro musulmán, un xudeu e outro chinés.
Anna é unha novicia que, na Polonia de 1960, e a piques de tomar os seus votos como monxa, descobre un escuro segredo de familia que data da terrible época da ocupación nazi.