A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O xogo de Nano

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 440.

Duración: 30-35 minutos.

Galego

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Idade: de 0 a 3 anos.

Galego

Cociñando con sentimento

Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento, pero ás veces o sentimento desaparece e non poden cociñar. Farán falta ingredientes, unha culler para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.

Duración: 30 min.

Idade: de 0a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Nano vai á escola

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto. Nano vai ter unha nova experiencia vital... vai ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio.

Duración: 35 minutos. 

Idadde: de 0 a 4 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Cantacontos

Os contos lévannos a un mundo de fantasía para poder soñar e crecer imaxinando. As verbas combínanse coas imaxes e cos sons para dotar o espectáculo dun universo propio, o universo das historias narradas, escoitadas e sentidas dende o corazón. Cantamos, bailamos, e soñamos un contacontos diferente.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Molinillo

"Chocolaaaaate, moliniiiiiillo. Corre, coooorre. Que te piiillo.

Hai algo máis ruidoso que un muíño? Pero un muíño non é silencioso?

Muíño de café? Muíño de vento?

A través dun muíño de café, un muíño de vento e un muíño musical Olga contará tres historias que farán as delicias dos máis pequenos da casa. Un marco branco e limpo, para historias de cores e divertidas.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos