A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Unha culleriña para...

Á hora de comer moitas veces require paciencia o unha boa historia. Así entre culleriñas e cullers imos descubrir o que fan os caimáns, o que conta Xoán e o que pranta na horta Simón.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Adiviña cantos che conto

- Mamá, cantos me contarás hoxe? - Martina, almorza, que nos dá a unha. - Mamá, cantos me contarás hoxe? - Martina, sobe ao coche, aínda falta para que chegue a noite.

Martina nunca se dorme sen un conto… e un poema. Ás veces pide ladaíñas e ata trabalinguas e algunha canción. Cando cae a noite, a mamá de Martina, sentada na súa cama, dille: - Adiviña cantos che conto. - Dous, oito, dez, mil?, di Martina. 

Duración: entre 30 - 40 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Pekecontos

Contos, cantos, sons e risadas que os divertirán e os iniciarán no máxico camiño dos relatos e historias.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0  a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Comerá o bebé?

Esta dúbida fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Mamá, papá, pipí

Calquera papá ou mamá pasamos por ese momento. Ese terrible momento de quitarlle o cueiro ao noso bebé. Con este contacontos trataremos de darvos ideas. Xogos, cancións e mesmo bailes para que, cando chegue a hora, podamos ter máis dun recurso.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos