A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Chimpo de rá

Nano é maior e dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irma pequena, cae, non sabe, e rise dela. Nano ten ciumes de Nona, “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeño outra vez… Sesión de contacontos con obxectos e monicreques para bebés.

Duración: 35 minutos. 

Nenos e nenas entre 0 e 3 anos.

Galego

Un, dous, tres contos ao dereito e ao revés

Hai quen escoita sentado, hai quen escoita de pé, quen o fai do dereito e quen o fai do revés. Viches as nubes entre os teus pés? E a auga subir por unha parede? Os contos de hoxe non teñen cabeza nin pés, mírelos por onde os mires, nin o un, nin o dous, nin o tres. Duración: 45 minutos aprox. De 0 a 3 anos. Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 440.

 

Galego

Coa boca chea

Quen ten fame? Pois aquí hai unha chea de contos para abrir o apetito. Duración:  30 minutos. De 0 a 3 anos. Capacidade: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa

 

Galego

O sapito que non quería comer

Narración oral do conto O sapito que non quería comer. A través da estimulación sensorial e da narración os nenos e nenas desenvolverán os seus sentidos e poñeranse en contacto coa compaixón e o respecto á vida dos animais cunha historia tenra e sensible que toca un tema actual.

Duración: 45 minutos.

Capacidade: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto.

Inscrición previa.

De 0 a 3 anos.

 

Galego

Nanovo

Sinopse: Era outono, camiñaba eu por unha fermosa fraga cando, de súpeto, caín nunha poza! Tremenda choupada!  Dentro da auga atopei un ovo grande; dende o seu interior, uns ollos saltóns mirábanme.

Contos para bebés con obxetos e monicreques.

Duración: 30 minutos.

Capacidade: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto.

Inscrición previa.

De 0 a 3 anos.

Galego

A miña primeira viaxe

Un día abrín os ollos e atopeime aquí, viaxando cara a ningunha parte, son un paxaro voando cara as nubes?, un peixe caendo cara o mar? Aterro amodo, sobre unha superficie branda e quente, recoñézoa! escoito o tum- tum, que me arrolou durante meses, a miña viaxe continúa envolto nos cálidos brazos da miña mamá.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos