A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Animaliños

“Animaliños” é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo. Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia… A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ó bosque, á selva… Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha pega moi golosa e á un coello e a un loro que teñen unha granxa…….

Duración: 40 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Mamá, papá, pipí

Calquera papá ou mamá, pasamos por ese momento. Ese “terrible “ momento de quitarlle o cueiro ao noso bebé. Con este contacontos, trataremos de darvos ideas. Xogos, cancións e mesmo bailes para que, cando chegue a hora, podamos ter máis dun recurso.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Os primeiros contos

Unha sesión de contos na que os bebés, e non tan bebés, escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades. Historias que falan das cousas cotiás enlazadas con ditos e cantos e contos tradicionais, e mesmo algunha composta adrede para a función. As cores, as formas, os xogos, o ritmo,  conforman o seu eixo. Vai dirixida a bebés até tres anos que poderán seguila dende o colo do seu papá, ou da súa mamá.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na bibliteoca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Unha tarde de conto

Música en directo, contos con obxectos, cantos, poesía e tradición. Non é unha tarde calquera. É a tarde na que o bebé quedará, por primeira vez, na casa da avoa Mariña, quen tan pronto se divirte cunha paxariña ou come unha sardiña.  A avoa Mariña sabe moitos contos e xogos pero xa non se lembra do que era arrolar. Como fará a avoa Mariña para que o bebé durma? Chama por Pedro Chosco pero… Moito dá unha tarde de conto coa a avoa Mariña! Imos con ela?!

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Andando polo camiño

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un vexo-vexo diferente, uns contos cantados e unhas cancións para contar... todo elo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levarán o son dos cantacontos ós corazóns de todos.

Inscrición previa na biblioteca ou no tfno. 886 120 445.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 35 minutos.

Galego

Érase unha vez... un conto

Historias onde os máis pequenos achegaranse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, incidindo no desenvolvemento da linguaxe e despertando nos máis miúdos o interese pola lectura

 

Duración: 30 min.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Glup

Hai momentos para compartir….Ten que haber momentos para compartir!!!! Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque……!!!!!.

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos disfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno….. é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos…….

Idade: de 0 a 3 anos.

Galego

Polo camiño quen ven?

Nun camiño pequeno pasan moitas cousas, e moitas historias. Caracois, galiñas, unha ovella con sono, unha elefanta, moitos ratos...

Camiñamos xuntos polos contiños?

Duración: 30 min.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos