A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sopiña de contos

Historias onde os máis miudiños achegaránse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, despertando o interés pola lectura con esta sopiña de contos, ben quentiña e saborosa.

dade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Tantarantán

Cancións que son contos e contos que se cantan.

Para desfrutar do ritmo das historias.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Cardiño caracol

Os bichiños do bosque saben que non poden atravesar os límites do bosque, pero un día Cardiño achégase á casa dos humanos e...

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Ollo, piollo!

Contos e cancións para xogar ao agocho con imaxes e palabras, para xogar ao "vexo, vexo" e adiviñas para descubrir o mundo xuntos cunha mirada curiosa e ollos riseiros.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Glup

Hai momentos para compartir….Ten que haber momentos para compartir!!!! Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque……!!!

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos disfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno… é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0a 3 anos.

Galego

Cociñando con sentimento

Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento, pero ás veces o sentimento desaparece e non poden cociñar. Farán falta ingredientes, unha culler para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.

Duración: 30 min.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou non teléfono 886 120 445.

Galego

O xogo de Nano

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 440.

Duración: 30-35 minutos.

Galego

Andando polo camiño

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un Vexo-Vexo diferente, uns contos cantados e unhas cancións para contar...todo elo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levaran o son dos cantacontos ós corazóns de todos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

As viaxes de Lup

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o nome tan longo que lle puxera a sua nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Lup, un día preparou a sua maleta, e foise a dar a volta ao mundo.

Un xersei, unha bufanda, uns peúgos de la, un libro de contos,unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos, un chupete… un chupete!

¿Un chupete é una cousa para levar nunha viaxe tan divertida?

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos