A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A viaxe de Nano. Raquel Queizás

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

-Non!, di Nano, a auga é miña…

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Contando coas mans e co corazón. Raquel Galavis.

Unha experiencia sensorial e emocional, inspirada nos principios da pedagoxía Montessori. A través de historias sinxelas, belamente narradas, os nenos explorarán emocións, sons, texturas e elementos do entorno natural que os rodea. Unha proposta apegada á realidade próxima aos pequenos, que fomenta a imaxinación e promove desenvolvemento natural e unha maior comprensión do mundo que nos rodea.

Duración: 30 minutos. 

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa, presencial ou por teléfono no 886 120 445 o luns anterior á actividade.

Galego

Paxariña. Soledad Felloza

Unha paxariña, un avión o un papaventos, cousas da maxia, colles un papel e tes un mundo novo…

Na mesa poñemos o mantel, e unha xerra con auga fresquiña da fonte, e froita e logo convidámoste a unha merenda de historias e versos.

Historias de primavera, para os máis pequenos da casa.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Galego

Sopa de contos. Marisa Irimia

Historias onde os máis miudiños achegáranse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, espertando o interese pola lectura con esta sopiña de contos, ben quentiña e saborosa.

Duración: 30 minutos.

dade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Galego

Zapatos. Caramuxo Teatro

Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

"Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

O verme comellón. Ana Carreira

Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.

Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo, un verme con moita, moita, moitísima fame.

E púxose a buscar que comer

Duración: 30 minutos.

De 0 a 3 anos.

Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Galego

Minicontos. Raquel Galavis

Unha colección de contos mini para mini corazóns que combinan a narración oral con efectos sensoriais e vivenciais.

Unha proposta divertida e sensible para os máis cativos… e os que xa non son cativos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Vai frío!. Iván Davila

Contos fresquiños para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, entrarán en calor coas historias mais fascinantes e os personaxes mais delirantes!

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos