A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O xogo de Nano. Raquel Queizás

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 440 o luns anterior a actividade.

Duración: 30-35 minutos.

Galego

Que mundo é este?

Contos para os máis cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

A palabra cantada

A linguaxe e a música véñennos acompañando dende a nosa máis tenra infancia a través das cantigas, xogos rítmicos e recitativos.

Servando Barreiro fai uso destes elementos para estimular aos nosos bebés na descuberta dos sons e da lingua.

Duración: 30 minutos. Capacidade: 30 nenos/as acompañados por 1 adulto.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

Galego

Glup

Hai momentos para compartir… Ten que haber momentos para compartir!!!! Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque……!!!

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos disfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno… é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Galego

Cambio e conto

Nano está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela.

Pero ao chegar a noite, Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana do contacontos.

 

Galego

Orella corazón

Orella corazón é un espectáculo que reúne un conxunto de historias para ser escoitadas con tódolos sentidos dende a música do amor. Un contacontos que nos leva a un universo no que todo é posible, sempre que escoitemos cos ollos e as orellas ben abertas.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da acividade.

 

Galego

Paxariña

Contos e versos para celebrar a primavera, o día da poesía e da narración oral.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos (15 prazas).

dade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos