A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Kenka un Kenko!

Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!! chorou a nena.

E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu.

Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0a 3 anos.

Galego

Pequecontos

Contos, cantos, sons e risas que os farán gozar e que os iniciarán no máxico camiño dos relatos e as historias.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 440.

Galego

contiños e xogos de Lup

O noso amigo Lup queda na casa os días de choiva e frío, pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Nano canta croac

Atopar palabras para expresar como me sinto.

Nano canta croc cando esta contento pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano?

Ás veces non é fácil saber como nos sentimos. Estamos tristes ou anoxados?

Ímolo saber.

Un conto musical para axudar as crianzas a verbalizar como se senten.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Capacidade: 15 nenos/as. acompañados por 1 adulto.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Trispilistriñas

Contos, xogos e arrolos para os máis cativos.

Duración: 35 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Capacidade: 15 nenos/as. acompañados por 1 adulto.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Benvido, Nadal!

O Nadal é sempre unha época moi especial para grandes e pequenos e, aínda máis, para aqueles que o van vivir por vez primeira: noites coloridas, arrecendo a mazapán, panxoliñas e zambombas, zocas ao pé dunha ventá, caixas con agasallos e historias.

Duarción: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no tedlefono 886 120 445.

Galego

Fábulas no berce

Contos e cancións para cativada, narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeas e libros de imaxes. Para escoitar á calor dun abrazo.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Animaliños

“Animaliños” é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo. Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia… A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ó bosque, á selva… Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha pega moi golosa e á un coello e a un loro que teñen unha granxa…….

Duración: 40 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Galego

Mamá, papá, pipí

Calquera papá ou mamá, pasamos por ese momento. Ese “terrible “ momento de quitarlle o cueiro ao noso bebé. Con este contacontos, trataremos de darvos ideas. Xogos, cancións e mesmo bailes para que, cando chegue a hora, podamos ter máis dun recurso.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos