A biblioteca dos pequenos

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Mai e Lúa

Mai e Lúa son dúas nenas que xogando na súa habitación farán unha fantástica viaxe chea de sons e personaxes.

Duración: 30 min aprox.

Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa.

Público: de 0 a 3 anos.
 

Galego

Miudiños miudiños

Miudiñas historias e cancións para os nosos miudiños preferidos, cores, sorpresas e sons, e todo moi pero que moi miudiño.

Duración: 30 - 35 min. aprox. 

Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa.

Público: de 0 a 3 anos.
 

Galego

Avións de papel

Os contos son como bolboretas, ou millor, como avionciños de papel…. Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza…… E todos eses avións-contos van voando cara o seu país, O PAÍS DOS CONTOS. Duración: 35-40 min. aprox. Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa. De 0 a 3 anos.
 

Galego

Bebecontos

Bebecontos infantil 'Os cinco sentidos' por Xeitura - Xestión Integral do Patrimonio Cultural.

Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en bebés e descubrindo a creatividade individual e colectiva ao tempo que se fomenta a interrelación familiar. 
 
Lugar: sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Para bebés de 3 meses a 24 meses.. 
Data: sábado 6 de maio ás 12 horas
15  prazas.  

Galego

O xogo de Nano

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar tense que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música. Duración: 30-35 min. Aprox. Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. De 0 a 3 anos. É necesaria invitación: http://bibliotecas.xunta.gal/vigo/gl/actividade

Galego

O berce da auga

Contos de Xacias e barqueiriños. Cantos da chuvia e do vento para adormecer e despertar á xente miuda.

Duración: 30-35 min.

Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto.

De 0 a 3 anos.

Galego

Ollo, piollo!

Contos e cancións para xogar ao agocho con imaxes e palabras, para xogar ao "vexo, vexo" e adiviñas para descubrir o mundo xuntos cunha mirada curiosa e ollos riseiros.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Aforamento: 30 nenos/as acompañados cada un/ha por un adulto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - A biblioteca dos pequenos