Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Oopart

A obra relata a historia dunha peculiar tripulación recentemente chegada dunha viaxe a través do tempo. Fará gala dos seus mellores reclamos e os seus asombrosos números circenses.

Equipo técnico e artístico

Autor: Antonio J. Gómez e Cía Tresperté

Dirección e creación: Antonio J. Gómez

Música Orixinal: Iván Monje

Escenografía: Carlos Monzón e En Ascuas Forja

Vestiario: Laura León

Intérpretes: Carmine Piccolo, Luis Ayuso, Claudia Ortiz e Paco Caravaca

Deseño de Iluminación: Almudena Oneto

Galego

Presentación de Eu cociño, ti cociñas? no Culturgal

Trátase dun formato músico-teatral no que participan Gloria Mosquera á guitarra e voz, Tomi López na guitarra acústica, Pachi Cruz no contrabaixo e Max Gómez nas percusións, e o actor Luchi Igrexas.

Este novo traballo está baseado na proposta metodolóxica do alumnado do CEIP de Sigüeiro. É un proxecto innovador onde a cociña e a alimentación saudable convértense no medio perfecto para desenvolver nas clases.

Galego

Carmen Conde

Tabú é unha recopilación de conversas con mulleres de entre 70 e 95 años no Valmiñor, no Morrazo, no Courel, na Mariña Lucense, na Costa da morte e no Couto Mixto, sobre a súa vida sexual e erótica de xuventude.

Deseño, iluminación e escenografía: Neves Seara

Música en directo: Laura LaMontagne

Asesor de escena: Avelino González

Galego

Lectura dramatizada de A arañeira

Tras a celebración da semana pasada da Lectura de Atrevereime, dirixida por Cristin Domínguez, chega a quenda de A arañeira, texto de Raúl Dans dirixido por Quico Cadaval e interpretado por Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. As entradas son de balde.

A Arañeira, texto de Raúl Dans, trata do que lle acontece a Adela, unha muller que leva aparentemente unha vida plena. De súpeto, unha descoñecida preséntase na súa casa da praia para contar o segredo sobre o que se fundamenta todo o seu mundo.

Galego

La Ternura

Comedia romántica de corte isabelino dirixida por Alfredo Sanzol que se inspira no universo máxico das comedias de Shakespeare.

Elenco: Natalia Hernández, Eva Trancón, Elena González, Paco Déniz, Juan Antonio Lumbreras e Javier Lara.

Galego

Lorca, la correspondencia personal

O fío conductor desta obra de teatro son as cartas entre Federico García Lorca e os seus seres queridos. Trátase dun percorrido poético, alegre, triste, vital, desesperado, amargo e doce da vida do autor.

Dous actores serán os encargados da narración da obra.

Dramaturxia e drección: Juan Carlos Rubio.
Elenco: Gema Matarraz e Alejandro Vera.

Galego

Estado de graza

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre xeracións con ideas moi distintas. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse. No tardo-franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideológicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

Galego

Mensaxe do mar

Mensaxe do mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Coma se dunha conferencia tratásese, Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda, que axudarán a visualizar as múltiples facetas da artista: a de pintora, a de escritora comprometida coa arte e coa política, a de musa e a de muller trasgresora.

 

Galego

O quinto inverno

Reflexión poética da relación entre dúas persoas que están nun mesmo espazo agardando a que pase outro inverno.

Equipo técnico e artístico

Autoría: María Muñoz, Pep Ramis
Dirección: Coautores e directores de Mal Pelo, grupo creativo fundado en 1989
Intérpretes: María Muñoz, Pep Ramis
Escenografía: Pep Aymerich, Pep Ramis
Vestiario: Carmepuigdevalliplantes
Música: Alia Sellami, Niño de Elche, Israel Galván
Iluminación: August Viladomat, Punt de Fuga
Son: Fanny Thollot

Galego

Vooyeur

A obra xira sobre varias escenas eróticas tratadas con moito humor. Deste xeito o espectador será un vooyeur que contemplará todas estas escenas coas que moitas veces se sentirá identificado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro