Señora que pasea polas rúas con dous cans preciosos
Sinopse: Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Muller que sempre viaxou a contracorrente. Mestra apaixonada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e de falar cos cachorros dos humanos, como lle gustaba chamar ao seu alumnado. María Victoria foi unha gran sementadora de futuro, que explorou habitualmente camiños diferentes na procura de mundos mellores para as persoas que viñamos detrás.

