Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Alegría, palabra de Gloria Fuertes

Dona Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo Circo Crocodilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes. Non teñen outra cousa e, ademais, cren ser ela. Ambos cren ser a poeta. 

O intento de cada un deles por convencer ao outro do seu erro dá lugar a unha serie de xogos e escenas inspirados nos contos de Gloria Fuertes nos que interpretan a outros personaxes creados pola autora madrileña e nos que, por suposto, se expresan a través das súas poesías.
 

Galego

XIX Mostra de teatro amador de Palas de Rei

Organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

Nesta 19ª edición participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Haberá funcións na Casa de cultura de Palas de Rei ás 21:00 horas; no campo da festa de Santo Xusto ás 18:30 (o sábado, 25 de agosto, e o domingo 26); en Santiago de Albá ás 20:00 horas o venres, 31, de agosto.

Galego

La gallina de los huevos de oro

Espectáculo no que se representa o coñecido conto, A galiña dous ovos de ouro.

Dous actores representan aos granxeiros protagonistas e encargados de manexar os monicreques que aparecen na obra.

Esta obra está dirixida para grandes e pequenos.

Esta obra de teatro está incluída na programación da tempada de outono de 2018.

Galego

El Apartamento

Espectáculo no que Cirk About it combina teatro e acrobacias.

A acción desenvólvese nun apartamento no que as tarefas cotiás son toda unha proeza.

Esta obra de teatro está incluída na programación da tempada de outono de 2018.

Galego

Crimen y telón

Señores espectadores: quedan detidos como sospeitosos, cómplices ou testemuñas dun articidio en primeiro grao. Teñen dereito a rir, chorar, emocionarse, seguir o ritmo das cancións e non desvelar a ninguén o final de Crimen y telón.

O Teatro morreu e o detective Noir ten que descubrir ao asasino antes que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do Teatro en busca de verdades ocultas mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra.

Galego

Frankenstein. No soy un monstruo

Elenco artístico: Josemi Rodríguez e Carlos Cadros

Víctor Frankenstein é un novo doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser, ao que dará vida a través de raros experimentos. Pero non todo sae como el esperaba. Tras o seu nacemento, a criatura sae fuxindo despavorida e inicia unha viaxe cuxo percorrido ten un único destino: atoparse a el mesmo e demostrar que non é un monstro.

Galego

Adeshoras

Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?
Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira.

Galego

Tal vez soñar

Elenco: Marta Vise, Miguel Ángel Maciel e Quique Fernández

Inma morreu, pero a súa relación cos vivos non deixa de ser moi estreita. Continuamente aparécese nos soños daqueles que a quixeron (o seu marido, o seu fillo) e quen dalgunha forma tiveron que ver con ela e resístense a esquecela.

Tal vez soñar é un espectáculo sobre a estreita liña que separa a vida da morte e sobre o amor que perdura máis aló (ou máis acó) da perda dun ser querido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro