Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ma Vie de Courgette (La vida de calabacín)

Calabacín é un neno de 9 anos que entra nun fogar de acollida tras quedar orfo. Alí coñece a outros nenos orfos e con traumas cos que conecta rapidamente. Todos os nenos do orfanato formarán unha gran familia e Calabacín volverá ser feliz.

A película está dirixida por Claude Barras e está realizada coa técnica do stop motion. A cinta estivo nomeada aos premios Óscar 2016, na categoría de mellor película de animación.

Galego

María (y los demás) + Aries

Como parte da sección do festival #Baixoasestrelas o próximo 1 de xullo proxectarase María (y los demás), opera prima da directora Nely Reguera.

A película está producida pola produtora independente galega Frida Films e está protagonizada por Barbara Lenie, á que a súa interpretación neste filme valeulle un nomeamento na categoría de mellor interpretación feminina nos premios Goya 2016.

Galego

Retrospectiva: Matías Piñeiro

A proxección das obras do expoñente do novo cinema arxentino Matías Piñeiro encargarase de inaugurar a segunda edición do festival Novos Cinemas. Neste acto proxectaranse todos os títulos do director, comezando pola súa última produción, a película Hermia & Helena, que conta a historia dunha moza directora de teatro que se traslada a Nova York grazas a unha bolsa artística para dedicarse á tradución dunha das obras de Shakespeare.

Galego

Badlands (Malas Terras)

Badlands é a primeira película do guionista e director Terrence Malick. Está protagonizada por Martin Sheen e Sissy Spacek e estreouse en 1973.

A película ambiéntase en Dakota do Sur en 1959. Holly é unha moza de 15 anos á que lle encanta a música. Kit é un mozo bala perdida de 25 anos que se namora perdidamente de Holly. Xuntos viven unha felicidade de conto de fadas ata que un accidente fai que se convertan en fuxitivos. 

Galego

Son of a gun

Dirixida por Julius Avery e protagonizada por Ewan McGregor, Brenton Thwaites e Alicia Vikander. JR é un mozo que acaba encarcerado por unha falta leve.

Cando ingresa no cárecere, aprende rápidamente que é necesario ter protección para poder sobrevivir. Brendan Lynch, un dos criminais máis sanguinarios de Australia, ofrécese a darlle a protección que o mozo necesita. O que JR non sabe, é que a axuda de Lynch ten un prezo.

Galego

Blinky Bill

Blinky é un koala que soña con seguir os pasos do seu pai, un explorador desaparecido desde hai moito tempo. O resto de habitantes da aldea de Green Patch pensan que o pai de Blinky non vai volver, e o pequeno koala é o único que mantén as esperanzas de volver ver ao seu pai con vida.

Cando Blinky atopa unha pista sobre a localización do seu pai non dubida en deixalo todo para ir na súa procura, nunha longa viaxe no que fará novos amigos e vivirá grandes aventuras.

Galego

The Dressmaker (A modista)

Película dirixida por Jocelyn Moorhouse e protagonizada por Kate Winslet e Liam Hemsworth.
Cando só ten dez anos, a pequena Tilly Dunnage (Kate Winslet) vese obrigada a abandonar Australia e mudarse a París.
Anos máis tarde, xa na década dos cincuenta, Tilly Dunnage convértese nunha gran modista. Cando a súa nai cae nunha grave enfermidade, Tilly vese forzada a regresar ao seu pobo natal en Australia, onde inmediatamente convértese no díxomedíxome do pobo.

Galego

Paper Planes (Avións de papel)

"Avións de papel" é unha película estreada no 2014, dirixida por Robert Connolly. A película está protagonizada por Dylan, un neno australiano de 11 anos que vive co seu pai tras o recente falecemento da súa nai, unha perda que deixou ao pai de Dylan tan esnaquizado que non sabe como volver conectar co seu fillo.

A Dylan encántalle voar e soña con participar no Campionato Mundial de avións de papel que se celebra en Xapón de forma anual. A tenacidade de Dylan para perseguir os seus soños fará que o pequeno acabe logrando ser seleccionado para a competición.

Galego

Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez

O director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez é o director da longametraxe "Psiconautas"que conseguiu o Goya á mellor curtametraxe de animación de 2017. Noutras ocasións outros traballos do director foron nomeados nos premios do cine español. No 2012 levou o premio a mellor curtametraxe de animación por Birdboy.

Esta proxección pecha esta edición do Miic (Mostra de Ilustración Contemporánea) na que tamén se poderán ver algúns storyboards orixinais da película.

A entrada é ata límite de aforo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual