PequeFilmes 2018
Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando: PequeFilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

