A palabra xusta
A súa protagonista é Tita, que conta os seus recordos, emocións e pensamentos.
A directora Antía Cal achéganos a historia dunha muller peculiar que loitou polos seus principios.

A súa protagonista é Tita, que conta os seus recordos, emocións e pensamentos.
A directora Antía Cal achéganos a historia dunha muller peculiar que loitou polos seus principios.
O Cineclube de Carballiño presenta unha variada programación de filmes para as tardes e noites dos venres, nunha dobre sesión na que se farán pases ás 20 horas e as 22.30.
Programa:
9 febreiro 2018: Ana, mon amour (a sesión das 22.30 é en versión orixinal subtitulada)
16 febreiro 2018: Lumiere! Comienza la aventura (a sesión das 22.30 é en versión orixinal subtitulada)
23 febreiro 2018: Psiconautas
9 marzo 2018: The party (a sesión das 22.30 é en versión orixinal subtitulada)
La vie des morts foi dirixida por Arnaud Desplechin no ano 1991 e trata sobre a vida.
Un ilusionista de avanzada idade en decadencia coñece a unha moza que cre que é un mago de verdade. Os dous desprázanse a Edimburgo, onde o protagonista tentará subsistir mentres a moza descobre a cidade. Proxectarase a versión dobrada ao español.
Sosuke é un neno de cinco anos que se atopa cun peixe de aparencia humana, que en realidade é unha princesa que soña con vivir na terra. O feiticeiro Fujimoto, que noutro tempo fora humano, tentará que a súa filla regrese ao mar, pero Sosuke fará o posible por axudar á nena. Proxectarase a versión dobrada ao español.
Na Idade Media, unha nodriza coida de dous nenos: o seu propio fillo e o primoxénito do palacio onde traballa. Ao medrar toman camiños separados cun mesmo obxectivo: atopar ao fada dos Djinns, a protagonista das historias que a ama de cría lles contaba de pequenos. Proxectarase a versión dobrada ao español.
Un naufrago chega a unha illa deserta, onde non ten máis compañía que a de tartarugas, cangrexos e aves. Pero despois dun tempo, atópase cunha enorme tartaruga vermella que cambiará o seu destino para sempre. Proxectarase a versión dobrada ao español.
A película Victoria está dirixida por Justine Triet e conta a historia de Victoria Spick, unha avogada que terá que defender ao seu amigo Vincent dunha acusación de intento de asasinato.
Todas as películas deste ciclo son proxectadas en versión orixinal.
A película Pas son genre está dirixida por Lucas Belvaux e conta o encontro entre un profesor de filosofía e unha moza peiteadora.
Todas as películas deste ciclo son proxectadas en versión orixinal.
A película Les malheurs de Sophie está dirixida por Christophe Honoré e conta a historia da pequena Sophie que vive nun castelo e non pode resistirse á tentación do prohibido.
Todas as películas deste ciclo son proxectadas en versión orixinal.