Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

El sentido de la birra

ESDLB Ao vivo propón unha experiencia que vai máis aló do formato podcast, combinando humor e reflexión nun encontro directo co público. Ricardo Moya sobe ao escenario acompañado de convidados sorpresa para abordar, con honestidade e intelixencia, temas que conectan coas emocións e a realidade contemporánea. Unha proposta que convida a rir, pensar e descubrir novas perspectivas a través de historias que inspiran e interpelan.

Galego

Sábado de xogos de mesa

O sábado 11 de abril, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o luns 6 de abril na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Ondamini

Mamá Cabra fai un casting musical entre o público miúdo. Búscanse músicas e músicos con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra! Cancións para movernos, para bailar, para cantar. Un repertorio interactivo  que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos.

Data e hora: venres 24 de abril ás 18.00 h

Público destinatario: familiar.

Sen inscrición previaa, ata completar á capacidade da sala.

Galego

LecturArte

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha nova edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Galego

Sesión aberta do club de xogos de mesa de adultos

O sábado 14 de marzo, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o venres 6 de marzo na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades