Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ondamini

Mamá Cabra fai un casting musical entre o público miúdo. Búscanse músicas e músicos con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra! Cancións para movernos, para bailar, para cantar. Un repertorio interactivo  que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos.

Data e hora: venres 24 de abril ás 18.00 h

Público destinatario: familiar.

Sen inscrición previaa, ata completar á capacidade da sala.

Galego

LecturArte

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha nova edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Galego

Sesión aberta do club de xogos de mesa de adultos

O sábado 14 de marzo, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o venres 6 de marzo na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Dalle espazo á igualdade

Desde Provivienda Ourense e no marco de actividades para este 8M, realizarase unha actividade esta tarde de 16:00hs a 17:30hs. Será un obradoiro manual de creación de portas e venás con frases e/ou fotos de mulleres que nos motiven.

Será una actividade aberta ao público en xeral.

Galego

Cerimonia do té xaponés

Para festexar o marzo asiático na biblioteca, o artista xaponés Masakazu Shida,  volve para achegarnos a esta tradición milenaria tan propia da cultura nipona. 

As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa que poderase realizar dende o venres 13 de marzo ás 9 h nos números de teléfono: 988 788385 /386 ou ben presencialmente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades