Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gala de Entrega de Premios Youtubeiras+

A gala da oitava edición de Youtubeiras+ será o 1 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón. Comezará ás 19 horas e contará coa presentación de Javi Sánchez Castro (Meiga-i) e a actuación musical de De Ninghures.

Antes, a partir das 17 h, haberá un obradoiro con Toxío (previa inscrición) e ás 18 h terá lugar un aperitivo previo á gala, onde poderás rexoubar ou apostar sobre quen gañará cada premio, tamén verás por alí a Gabri Fuentes cun micro facendo un directo para as nosas redes, coidado que pregunta!

Galego

Recomendacións do club de lectura de cómic

Agora que rematou o curso de actividades da biblioteca, preguntamos ós integrantes do club de lectura de cómic cales foron as súas lecturas favoritas durante este ano. Coas súas respostas argallamos unha mostra, chea de obras moi diferentes entre sí, que estará dispoñible todo o verán. Non deixedes de ler as palabras que acompañan a cada cómic, pensadas para animarvos a lelos. Agardamos que vos gusten tanto como ó noso grupo. 

Galego

Voces para Morgana

Cedemos o noso espazo para acoller Voces para Morgana, unha lectura pública da obra de Begoña Caamaño. Esta iniciativa, proposta polo Festival Atlántica, conmemora o ano das Letras Galegas dedicado á autora.

Amigas e amigos de ASPANAES, poetas, lectoras, persoas do mundo da cultura e público en xeral lerán ou narrarán textos da súa obra. A súa palabra, feminista, lúcida, combativa e fondamente humana, seguirá viva nas nosas mans e nas nosas voces.

Galego

Verán fantástico: retelling para ser feliz

Un ano máis, dende o Espazo Xove imos explorar o xénero fantástico. Nesta ocasión centrarémonos nun dos subxéneros máis populares e, ás veces, máis encuberto: o retelling.

Que é un retelling? Que características ten? Por que nos gusta? Esta e outros temas, acompañados dunha selección de retellings presentes na nosa biblioteca, protagonizarán a mostra deste verán da serie Verán fantástico no Espazo Xove.

Galego

Centenario voo Madrid-Manila de Joaquín Loriga

O Museo municipal Ramón María Aller acolle os actos conmemorativos na honra de Joaquín Loriga, con motivo do centenario do voo Madrid-Manila:

 

  • O xoves 18 de xuño (19.30 horas no Museo Municipal) presentarase o libro "El gran vuelo Madrid-Manila", do escritor e xornalista Álber Vázquez, unha obra clave para comprender este fito histórico do que se acaban de cumprir cen anos.

 

Galego

Sábado de xogos de mesa

O sábado 27 de xuño, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o venres 19 de xuño na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Crea contido con Intelixencia Artificial

Descubre cómo a intelixencia artificial pode transformar a creación de contidos visuais e escritos. Aprende a utilizar ferramentas de IA para xerar  imaxes, vídeos e textos de xeito eficiente e creativo e  a desenvolver  habilidades prácticas para crear contido visual e escrito mediante o uso de IA en diversos formatos.

OBRIGATORIO: no campo Observacións do formulario de inscrición debe poñer a súa data de nacemento. Por exemplo: 15/03/1963

Data e hora: 22,23,25 e 26  de xuño de 17.00  a 20.00 h. O día 26 o horario será de 10.00 a 13.00 h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades