Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

YoConecto L4 - Ocio dixital. Apps para desfrutar

Descobre como aproveitar ao máximo as ferramentas dixitais para o teu lecer e tempo libre. Aprende a usar aplicacións de streaming, xestionar reservas para eventos culturais, comprar entradas, organizar traslados e planificar hospedaxes.

Este programa guíache paso a paso na exploración de plataformas de entretemento e cultura. O curso adáptase a todos os niveis e, ao completalo, cada participante recibe un certificado que acredita os coñecementos adquiridos.

 

Galego

Actividades en xaneiro

- 14 de xaneiro: Presentacióndo Fotolibro do Colectivo Ruando. Na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, ás 20:00 h.

- 27 de xaneiro: Hackea a túa visita! Diálogos en clave descolonial pola RMLP, dentro do programa Cultura que coida e da luz. No Museo do Pazo de Tor ás 11:00 h, e no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 16:30 h.

- 27 de xaneiro: Inauguración do proxecto "Constelación na campá das ánimas", dentro do programa Cultura que coida e da luz. Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 18:00 h.

Galego

Préstamo a cegas

Gústanche as sorpresas? Escolle unha bolsa, lévaa para a casa e descubre o que contén! Queda coa bolsa e axúdanos a eliminar os plásticos dun só uso. Non abras o paquete ata chegar á túa casa e bótalle unha ollada a todos os materiais aínda que penses que non che van gustar. Agardamos que sexan do teu agrado!

Galego

Actividades no Museo Liste. Programación

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2026, de xaneiro a marzo.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Iconografía do Nadal", e a celebración do Entroido con "Ao entroidar, no só máscaras has de levar" e "Identidade/Outredade: a cultura enmascarada", máis aló da celebración.

Galego

Día do Usuario/a

  • Sorteo de 2 lotes de libros (adulto/ infantil) entre os usuarios que utilicen a biblioteca o día 12 de xaneiro.
  • Visitas guiadas á biblioteca o 12 de xaneiro ás 12:00 h. e ás 18:00 h.
  • Nomeamento de Socios de Honra aos tres usuarios infantís e os tres adultos con máis préstamos durante o ano 2025.
Galego

Mañás poéticas

Outra sesión das Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para achegar a poesía ás persoas interesadas.

Nestas sesións, que terán lugar os últimos mércores do mes, farase unha lectura libre de textos dunha poeta e un diálogo aberto sobre as impresións da lectura. O mércores 28 de xaneiro será sobre Emily Brönte. Para completar esta sesión, intentaremos establecer un pequeno diálogo entre tres épocas e tres sensibilidades moi distintas: Emily Brönte, Teresa de Ávila e Ausiàs March.

Galego

Cambio de data!!! Observación do ceo nocturno con telescopio. Adiantamos a observación ao luns 23 de febreiro.

Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día). A actividade iniciarase ás 19.30h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.

Galego

Vicenta Lorca

ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA VICENTA LORCA · DANZA, TEATRO E MÚSICA
Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 60 min Lingua: Galego
VICENTA LORCA é unha proposta escénica de pequeno formato inspirada nas cartas que Vicenta Lorca escribía ao seu fillo Federico cando este estaba lonxe de Granada. A través da danza, o teatro e a música, a obra constrúe un retrato íntimo do poeta visto desde a ollada da nai, revelando a súa relación afectiva e o universo emocional que compartían.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades