Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Creatividade en internet: Ferramentas e apps

Descubre ferramentas tecnolóxicas para potenciar tu lado creativo . Aprende a capturar imaxes incribles coa túa cámara, a facer e editar vídeos e a experimentar co debuxo dixital. Transforma as tuas ideas en proxectos visuais usando aplicacións creativas e modernas.

Data e hora: do 9 ao 12 de marzo de 17.00 a 20.00 h.

Público destinatario: adulto

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 5 de febreiro ás 09.00 h.

 

Galego

O noso entroido

No primeiro andar da biblioteca teremos unha mostra relacionada cunha das nosas principais manifestacións culturais do ano, o entroido. 

Material cedido polo  INORDE (Diputación de Ourense)

Galego

Xeopolítica

A xeopolítica enténdese hoxe, principalmente, como sinónimo de “xeografía política”: o estudo do espazo e o seu impacto político.

Estuda como os factores xeográficos (localización, recursos, fronteiras) inflúen na política, o poder e as relacións internacionais entre os estados.

No andar baixo da biblioteca atoparás una selección de libros que poden axudar a entender a xeopolítica dos tempos que nos toca vivir.

Galego

Bonecos de neve

A neve, a choiva, o frío, a acolledora casa dos avós, as camiñadas coas nosas familias polas ladeiras da montaña, os contos xunto á lareira, os arrefriados e os espirros, as comidas de inverno, os xogos facendo bólas ou bonecos de neve, a roupa de abrigo...

Sempre é máis doado superar esta dura estación, que ademais é moi fermosa e divertida se así o desexamos, cun libro ou conto de inverno nas mans.

Podes atopar estes libros que nos contan cousas do inverno na sala infantil da bibioteca.

 

Galego

Siro López

O día da ilustración 2026 está adicado a Siro López. Dende a biblioteca quixémoslle facer unha pequena lembranza. No Espazo Xove atoparás algunhas das súas obras, así como datos sobre a súa carreira profesional.

Do 30 de xaneiro ata o 28 de febreiro.

Galego

Sesión aberta do club de xogos de mesa de adultos

O sábado 7 de febreiro, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o venres 30 de xaneiro na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Crea contido con Intelixencia Artificial

Descubre cómo a intelixencia artificial pode transformar a creación de contidos visuais e escritos. Aprende a utilizar ferramentas de IA para xerar  imaxes, vídeos e textos de xeito eficiente e creativo e  a desenvolver  habilidades prácticas para crear contido visual e escrito mediante o uso de IA en diversos formatos.

Data e hora: Do 2 ao 5 de marzo de 17.00 a 20.00 h.

Público destinatario: adulto, a partir de 18 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 27 de xaneiro ás 09.00 h.

Galego

Mañás poéticas

Nova sesión das Mañás poéticas, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de febreiro adicamos ao poeta vanguardista máis destacado da literatura catalana da primeira metade do século XX, Joan Salvat Papasseit.

De vida moi curta e intensa, naceu en 1894, en Barcelona. Especialmente coñecido como poeta, tamén escribiu artigos e manifestos, especialmente na súa etapa máis dedicada a cuestións políticas e sociais, na que mesmo acaba no cárcere durante dous meses, polo seu artigo “Un pueblo, Portugal”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades