Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

As letras e o viño

O vindeiro 13 de decembro ás 18:00h, o Museo do Viño de Galicia acolle unha tarde moi especial.
 

Comezarase coa presentación do libro O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei, da man do seu autor Bruno Rúa Martínez.
A continuación, Alberto Varela Amado (Choiva Viños) convidará a descubrir unha maneira diferente de achegarse ao viño galego, a través dun encontro que une palabra, sabor e tradición, e así celebrar as letras e o viño nun mesmo brinde.

Galego

O Galiverso comeza na Biblioteca Ánxel Casal

Prepárate para vivir unha experiencia única sen saír da biblioteca!

Esta iniciativa emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente. Sen saír da biblioteca, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, ollar A Coruña desde o alto da lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias.

Galego

Pontevedra poética

Convidámosche a descubrir Pontevedra desde unha mirada diferente: a da poesía. Nesta ruta literaria percorreremos as rúas, prazas e recunchos máis emblemáticos da cidade, mentres exploramos a súa relación coa palabra poética e cos autores e autoras que se inspiraron nela.

Cada parada será unha oportunidade para escoitar versos que naceron entre as súas pedras, evocar emocións que a paisaxe urbana esperta e recoñecer como a cidade se converte en fonte de creación literaria.

Galego

A Ciencia que nos explica

Unha selección de libros que nos axudan a entender o mundo: o universo, o corpo humano, a tecnoloxía e os avances que transforman a nosa vida.

Un convite a mirar a realidade con ollos curiosos e pensamento crítico. Mes de novembro, na segunda planta da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades