Agasallo de libros en galego
As nenas e nenos que se acheguen á sala infantil ao longo da mañá do sábado 21 de febreiro poderán recoller un libro en lingua galega como agasallo.

As nenas e nenos que se acheguen á sala infantil ao longo da mañá do sábado 21 de febreiro poderán recoller un libro en lingua galega como agasallo.
- 14 de xaneiro: Presentacióndo Fotolibro do Colectivo Ruando. Na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, ás 20:00 h.
- 27 de xaneiro: Hackea a túa visita! Diálogos en clave descolonial pola RMLP, dentro do programa Cultura que coida e da luz. No Museo do Pazo de Tor ás 11:00 h, e no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 16:30 h.
- 27 de xaneiro: Inauguración do proxecto "Constelación na campá das ánimas", dentro do programa Cultura que coida e da luz. Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 18:00 h.
Gústanche as sorpresas? Escolle unha bolsa, lévaa para a casa e descubre o que contén! Queda coa bolsa e axúdanos a eliminar os plásticos dun só uso. Non abras o paquete ata chegar á túa casa e bótalle unha ollada a todos os materiais aínda que penses que non che van gustar. Agardamos que sexan do teu agrado!
O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2026, de xaneiro a marzo.
O programa inclúe información sobre:
As exposicións temporais "Iconografía do Nadal", e a celebración do Entroido con "Ao entroidar, no só máscaras has de levar" e "Identidade/Outredade: a cultura enmascarada", máis aló da celebración.
Estades interesados no mundo editorial? queredes saber máis ou tedes curiosidade arredor do mundo do libro e das editoriais?
Vinde o xoves 8 á biblioteca.
Actividade organizada polo Club de Lectura "Leer con gafas"
Entrada libre ata completar aforo.
Outra sesión das Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para achegar a poesía ás persoas interesadas.
Nestas sesións, que terán lugar os últimos mércores do mes, farase unha lectura libre de textos dunha poeta e un diálogo aberto sobre as impresións da lectura. O mércores 28 de xaneiro será sobre Emily Brönte. Para completar esta sesión, intentaremos establecer un pequeno diálogo entre tres épocas e tres sensibilidades moi distintas: Emily Brönte, Teresa de Ávila e Ausiàs March.
Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día). A actividade iniciarase ás 19.30h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.
ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA VICENTA LORCA · DANZA, TEATRO E MÚSICA
Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 60 min Lingua: Galego
VICENTA LORCA é unha proposta escénica de pequeno formato inspirada nas cartas que Vicenta Lorca escribía ao seu fillo Federico cando este estaba lonxe de Granada. A través da danza, o teatro e a música, a obra constrúe un retrato íntimo do poeta visto desde a ollada da nai, revelando a súa relación afectiva e o universo emocional que compartían.
O vindeiro 13 de decembro ás 18:00h, o Museo do Viño de Galicia acolle unha tarde moi especial.
Comezarase coa presentación do libro O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei, da man do seu autor Bruno Rúa Martínez.
A continuación, Alberto Varela Amado (Choiva Viños) convidará a descubrir unha maneira diferente de achegarse ao viño galego, a través dun encontro que une palabra, sabor e tradición, e así celebrar as letras e o viño nun mesmo brinde.