Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sábado de xogos de mesa

O sábado 9 de maio, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o xoves 30 de abril na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

II Velada literaria dos obradoiros de escritura da Biblioteca Nós

O día 14 de maio ás 19:00, temos preparada unha xuntanza aberta dos obradoiros de escritura creativa da biblioteca. Unha velada onde algúns dos seus integrantes amosarán o que aprenderon durante o curso a través da lectura de textos propios compostos para a ocasión ou traballados durante as nosas sesións de escritura.

Con esta actividade buscamos fomentar a lectura en voz alta e a escoita activa.

Entrada libre ata completar aforo.

Galego

Gran Xogo sobre as Letras Galegas

A biblioteca acolle dúas sesións do Gran Xogo sobre as Letras Galegas da man de Eduvía. Este xogo, ademais de divertido, serve para que as pequenas e pequenos participantes aprendan algúns datos importantes sobre Begoña Caamano, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026 e sobre outras curiosidades relacionadas con esta data.

Na sala infantil. Actividade dirixida ao alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.

 

Galego

El sentido de la birra

ESDLB Ao vivo propón unha experiencia que vai máis aló do formato podcast, combinando humor e reflexión nun encontro directo co público. Ricardo Moya sobe ao escenario acompañado de convidados sorpresa para abordar, con honestidade e intelixencia, temas que conectan coas emocións e a realidade contemporánea. Unha proposta que convida a rir, pensar e descubrir novas perspectivas a través de historias que inspiran e interpelan.

Galego

Sábado de xogos de mesa

O sábado 11 de abril, a partir das 10:30, temos reunión aberta do club de xogos de mesa de adultos. Apúntate e pasa unha mañá divertida probando e aprendendo diversos xogos de mesa xunto a algúns dos integrantes do noso club regular.

A partir de 18 anos.

Inscricións dende o luns 6 de abril na biblioteca ou chamando ós teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades