Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
Un ano máis, dende o Espazo Xove imos explorar o xénero fantástico, un dos máis abundantes entre os seus andeis. Nesta ocasión centrarémonos no subxénero fantástico de moda: o romantasy.

Un ano máis, dende o Espazo Xove imos explorar o xénero fantástico, un dos máis abundantes entre os seus andeis. Nesta ocasión centrarémonos no subxénero fantástico de moda: o romantasy.
No mes de xullo, Compostela Convive centrarase na gastronomía, con tres xornadas na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos para coñecer petiscos de diferentes países do mundo.
Agora que rematou o curso de actividades da biblioteca, preguntamos ós integrantes do club de lectura de cómic cales foron as súas lecturas favoritas durante este ano. Coas súas respostas argallamos unha mostra chea de obras moi diferentes entre sí que estará dispoñible todo xullo e agosto. Non deixedes de ler as palabras que acompañan a cada cómic, pensadas para animarvos a lelos. Agardamos que vos gusten tanto como ó noso grupo.
Cita gastronómica da man de Martin Codax os xoves de xuño na Praza de Abastos de Santiago. Catro cociñeiros, catro estilos e unha mesma filosofía: cociñar Galicia dende o respecto ao produto, a creatividade e o vínculo co territorio.
26 DE XUÑO – Tira do Playa | Luis Borda (A Coruña)
O día 19 ás 18:30, temos preparada unha xuntanza aberta dos obradoiros de escritura creativa da biblioteca. Unha velada onde algúns dos seus integrantes amosarán o que aprenderon durante o curso a través da lectura de textos propios compostos para a ocasión.
Con esta actividade buscamos ademáis fomentar a lectura en voz alta e a escoita activa.
Entrada libre ata completar aforo.
Mostra de libros (de ficción e non ficción) e documentos sobre natureza e o medioambiente que acompañará á exposición “Sen insectos non hai vida.”
No primeiro andar da biblioteca.
Mostra de libros e outros documentos para festexar o mes do orgullo. Andar baixo da biblioteca.
Mostra e libros e documentos sobre natureza e o medioambente dirixidos a menores de 14 anos.
A creadora de Xela achéganos novas aventuras desta pequena que vive no noso rural.
Para nenos e nenas de 4 a 6 anos e familia.
Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9:00 nos teléfonos 988 788 385 / 386
Os pequenos e pequenas poderán gozar das mañás de verán cunha morea de actividades culturais, escollendo nunha destas 10 quendas:
Horario: 10.00-14.00 h.
Idade: de 3 a 7 anos.
Inscricións a partir do 2 de xuño ás 9.00 h. na biblioteca ou no tfno. 886120445.