Todo pode suceder no verán
Porque de todo pode pasar no verán ... atréveste a descubrilo?
Mostra bibliográfica no primeiro andar da Biblioteca, con novelas, poesía, teatro, cine ...
Porque de todo pode pasar no verán ... atréveste a descubrilo?
Mostra bibliográfica no primeiro andar da Biblioteca, con novelas, poesía, teatro, cine ...
Texto de presentación da actividade
Atención, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos que están a vivir unha aventura inimaxinable camiño a Compostela!
Neste xigantesco xogo da oca avanzaremos cara Compostela mentras coñecemos historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia deixándonos a súa pegada, inventamos cantigas, resolvemos adiviñas e descubrimos a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade.
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
Abrirse paso nas letras como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou en 1995 con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais –Premio Nacional de Poesía– contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza.
Programa
PRAZA DOS LIBROS 2024
Público/s ao/aos que vai dirixido
Texto de presentación da actividade
Falemos de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza "As alumnas", a súa autora, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversará sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.
Programa
PRAZA DOS LIBROS 2024
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
50 minutos
Sesións
Texto de presentación da actividade
Divertido e xigantesco xogo da oca no que, amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres. Unha actividade adaptable á idade das participantes e pensada para o Día das Escritoras ou para calquera outro día do ano.
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
Texto de presentación da actividade
Como se fai un libro? Que agocha dentro ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai? En Cuarto de Inverno somos parte do nacemento do libro como un obxecto, pero a historia é máis antiga. Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.
Público/s ao/aos que vai dirixido
Nova Mostra Bibliográfica para este verán na Sala Infantil, vir descubrila!!
Este verán, no Espazo Xove exploramos o xénero fantástico. Coñece como se caracteriza a literatura fantástica, cales son os seus subxéneros, os seus premios destacados, que a diferenza da ciencia ficción ou de que falamos cando mencionamos a alta e baixa fantasía.
Ademáis, temos preparada unha selección de obras fantásticas entre as que atoparás clásicos, rettelings, novelas máis modernas e outras tantas premiadas nacional e internacionalmente.
E se che apetece, anímate a seguir o noso bingo de fantasía estes meses. Conseguirás facer liña?
Mostra bibliográfica cunha selección de obras recomendadas por integrantes do club de lectura da biblioteca, e os seus comentarios sobre cada unha delas.
O verán é o momento de ter tempo para ler aquel libro que non puideches ler durante o curso. Este plan vai un pouco máis aló desa idea.
Ofrecemos varios títulos en exemplares múltiplos (10+1) para rapazas e rapaces de 11/12 anos en adiante.
Tes unha cuadrilla de amigas que van pasar o verán en Lugo?
A case todas/os vos gusta ler?
Que vos parecería ler o mesmo título e despois poñer as vosas conclusión en común? Xusto así é como funciona un club de lectura!!!
Unha persoa do grupo ten que facer de moderadora e tamén terá que ter lido o libro.