O bosque dos libros
Durante este mes de setembro podedes atopar un novo centro de interese "O bosque dos libros" para os máis pequenos da casa.

Durante este mes de setembro podedes atopar un novo centro de interese "O bosque dos libros" para os máis pequenos da casa.
O 21 de setembro celébrase o Día Internacional da Paz e é a Paz, a Xustiza e as Institucións Sólidas son o obxectivo número 16 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 así no 1º andar da Biblioteca teremos unha mostra bibliográfica con libros, revistas e películas "Voces de resistencia"
Texto de presentación da actividade
Falemos de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza "As alumnas", a súa autora, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversará sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
50 minutos
Sesións
Texto de presentación da actividade
20.000 leguas de lectura divertida é viaxar á lúa, ao centro da terra, montar en globo e en submarino e dar a volta o mundo en só 80 días. Todo isto podes facer se te mergullas nas obras de Xulio Verne. E moitas delas poderás coñecer realizando experimentos divertidos grazas á Ciencia máis Divertida.
Programa
Ler conta moito
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
55 minutos
Sesións
Texto de presentación da actividade
Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.
Público/s ao/aos que vai dirixido
Duración
90 minutos
Sesións
Os terceiros sábados de cada mes de 10.30 a 12.30 h. na sala multiusos da segunda planta.
Inscrición previa dende o luns 9 de setembro na hemeroteca ou no teléfono 886 120 445.
1ª sesión: Antología Otomo.
Funcionamento:
1. Imprescindible inscrición previa para solicitar o cómic da sesión á que queiras asistir.
2. Podes asistir ás sesións como oínte e/ou sen solicitar o exemplar da biblioteca. Neses casos serán sesións temáticas, de xénero ou autores concreto.
3. O moderador, Iago Araújo, fará unha pequena presentación antes de comezar a charla.
A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido
a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar
tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica
e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a
expresión e gañar fluidez na comunicación.
O día 11 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse a través do formulario da páxina web da biblioteca ata o día 18 de setembro.
Este ano contaremos con cinco clubs dirixidos a público xuvenil e adulto:
Partido de baloncesto da Liga Primeira FEB
Partido de baloncesto da Liga Primeira FEB