Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ludoteca de verán

Ludoteca de verán gratuíta para nenas e nenos de 4 a 12 anos na Biblioteca. Nenas e nenos contarán cun espazo socio-educativo infantil (ludoteca) no que experimentarán con xogos populares, cooperativos e predeportivos, guiados por dous monitores.

De luns a venres de 8:30 a 14:00 h.

18 prazas por quenda. As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición. Pódense seleccionar todas as quendas que se desexen.

Galego

Escola de calor - Presentación e Mesa Redonda

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático, derivada dunha colaboración entre investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Université de Toulouse.  A calor constitúe un desafío para o futuro dos ecosistemas naturais e, taménm para a habitabilidade dos espazos urbanizados e as infraestruturas.

Este luns teremos a presentacións da Escola de Calor ás 18.00h a cargo de Jula Hidalgo  e unha Mesa redonda: Bibliotecas, espazos cidadáns e cambio climático.

Galego

Escola de calor - Paseo Climático

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dous territorios ao cambio climático.  

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos ou confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.

Este mércores entre outras actividades teremos un Paseo Climático a cargo de Iago Carro (arquitecto , Ergosfera)

Galego

Robótica na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

Programa

ABRIL DE LIBROS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (8-12)

Duración

Galego

Compostela Diversa - Faladoiros

Título: "Demandas de asilo de persoas LGTBI"
Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións para facer de Santiago un referente como cidade de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo.
Está seción de Compostela Diversa está organizada pola concellería de Igualdade do Concello de Santiago coa colaboración da ONG Movemento pola Paz.

Galego

Ler o mar: vacacións, turismo e lecer na literatura e no cine

As vacacións e o turismo levan inspirado unas cantas decenas ou centeas de obras, especialmente dende a segunda metade do século XX, cando o feito vacacional se estendeu a sectores da poboación máis diversos. Suxeriremos dende clásicos como A morte en Venecia de Tomas Mann ata comedias actuais como ¡Salta! de Olga Osorio, pasando por thrillers como as novelas do ciclo Ripley de Patricia Highsmith.

Zona de exposicións da biblioteca.

Galego

A alfombra máxica. Babalúa

"A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear...

Duración: 40 minutos.

Capacidade: 25 nenos/as acompañados por 1 adulto.

Inscrición dende o 17 de xuño.

Galego

Celebración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo Etnolóxico de Ribadavia presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos». 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades