Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Verán fantástico: coñece o xénero fantástico

Este verán, no Espazo Xove exploramos o xénero fantástico. Coñece como se caracteriza a literatura fantástica, cales son os seus subxéneros, os seus premios destacados, que a diferenza da ciencia ficción ou de que falamos cando mencionamos a alta e baixa fantasía. 

Ademáis, temos preparada unha selección de obras fantásticas entre as que atoparás clásicos, rettelings, novelas máis modernas e outras tantas premiadas nacional e internacionalmente.

E se che apetece, anímate a seguir o noso bingo de fantasía estes meses. Conseguirás facer liña?

Galego

PLAN 10 + 1

O verán é o momento de ter tempo para ler aquel libro que non puideches ler durante o curso. Este plan vai un pouco máis aló desa idea.

Ofrecemos varios títulos en exemplares múltiplos (10+1) para rapazas e rapaces de 11/12 anos en adiante.

Tes unha cuadrilla de amigas que van pasar o verán en Lugo?

A case todas/os vos gusta ler?

Que vos parecería ler o mesmo título e despois poñer as vosas conclusión en común? Xusto así é como funciona un club de lectura!!!

Unha persoa do grupo ten que facer de moderadora e tamén terá que ter lido o libro.

Galego

“CHALLENGE BOOKSHELF TRACKER NOVELA ROMÁNTICA”

A finais de xuño publicaremos nas redes e imprimiremos, tamén en papel, un cartaz cunha selección de 50 títulos de narrativa romántica de todos os tempos. Estes títulos estarán dispoñíbeis para préstamo nun lugar especial do soto 1 (Sala de Préstamo).

O desafío comenza o día 1 de xullo e termina o 30 de agosto.

Todas aquelas persoas que durante ese prazo lean máis de 3 títulos desta selección entrarán nun sorteo que se celebrará rematado o verán (a partires do 23 de setembro) e que terá como agasallo un título que será novidade deste xénero.

Galego

Acción polo Clima

Seguindo cos centros bibliográficos dos Obxetivos da Axenda 2030 esta vez tócalle ao turno á "Acción polo Clima" así no primeiro andar atoparedes unha mostra de libros tanto de ficción como de non ficción, películas e revistas arredor do cambio climático.

Galego

RapDAvia

No 2023 o Museo xa participou nesta convocatoria e nunha actividade chamada “Comunidade Activa” limpouse a zona do Muiño e arredores do Avia con actividades de concienciación medioambiental grazas a axuda de veciñanza de todas as idades.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades