Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mercado do Encanto

No Mercado do Encanto daránse cita preto de 25 marcas, deseñadores e artesáns tanto locais como de diversas rexións de España.
Dende as últimas tendencias en moda feminina, xoería e complementos ata artículos de moda praia, lentes de deseño, marroquinería, cosmética natural, xogos educativos, fotografía e ilustración, decoración, produtos gourmet, entre outros.

Galego

Educación sen límites

Visita guiada temática: "Educación sen límites"

Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Duración: 50 minutos

Galego

Ouriol. Ritos de resistencia

Ritos de resistencia é un recital multidisciplinar (poesía, música e imaxe) que ten como eixo central os poemas de Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024 co Día das Letras Galegas. 
O recital, dunha duración aproximada de 60 minutos, consiste no recitado dos poemas por parte da poeta e comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares ( frauta e saxo soprano) inter-actúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos. 

Galego

Holi Gaiás 2024

sábado 8 de xuño volve a Holi Gaiás á Cidade da Cultura e vén con novidades, porque temos preparada unha Peque Holi para a cativada entre 4 e 9 anos!! A sexta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva xa está en marcha para que poidades gozar en familia ou coas amizades dunha proba deportiva na que un dos máximos atractivos é enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.  

Galego

MUSEOS POLA EDUCACIÓN E A INVESTIGACIÓN. SEMANA DOS MUSEOS 2024

O Consello Internacional de Museos (ICOM) propón para celebrar o Día Internacional dos Museos o lema “Museos pola educación e a investigación”.

Arredor deste evento, o CGAC programa unha semana de actividades gratuítas vinculadas á didáctica e á música contemporánea, á educación artística e á creación plástica, á performance e mais á historia da fotografía, alén dunha visita guiada aos recantos menos coñecidos do CGAC.

CONCERTOS DIDÁCTICOS OUTRAS MÚSICAS SON POSIBLES

Concertos didácticos para escolares

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades