Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día Internacional do Libro 2024

Como todos os anos, o Museo de Belas Artes celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades e recursos en liña ao longo de toda a semana. Esta é a oferta, que se pode ampliar nesta ligazón:

- 23 de abril ás 19:00 h: Visita guiada á biblioteca. Con reserva de praza.

- 23 de abril: Exposición bibliográfica sobre P.Rubens, como complemento á exposición actual "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens"

Galego

Gran Xogo sobre as Letras Galegas

Este xogo, ademais de divertido, serve para que as pequenas e pequenos participantes aprendan algúns datos importantes sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, e sobre outras curiosidades relacionadas con esta data.

Actividade dirixida ao alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.

Galego

De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca

Texto de presentación da actividadeQuen non escoitou algunha vez na vida o de "ti é de letras ou de ciencias"? Con este obradoiro preténdese demostrar que ambas materias non son incompatibles. Hai só maxia no universo Harry Potter ou tamén ciencia? Que necesitamos para ser uns bos/unhas boas detectives coma os/as que saen nos libros? Serven as matemáticas para facer encantamentos? Descúbreo neste obradoiro!ProgramaABRIL DE LIBROSPúblico/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Robótica na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

Programa

ABRIL DE LIBROS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (8-12)

Duración

Galego

O desencantamento. Conto musicado

Texto de presentación da actividade

A maxia de "O desencantamento" chega en formato conto musicado. Narración oral con ambientación sonora que farán as delicias de grandes e pequenas, co (re)descubrimento dunha historia chea de feitizos, suspense, tesouros e retos...anímaste vir coñecer a historia de Brais e a Moura Bibiana?

Programa

DIA DO LIBRO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12 (familias))

Duración

60 minutos

Galego

Xela, a superheroína de aldea

Texto de presentación da actividade

Xela quere convidarte a que a acompañes nas súas aventuras. Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os recursos que temos e busca que as persoas miúdas queran coidar do territorio.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-9anos)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 18/04/2024 - 18:00

Lugar de celebración

Galego

XV Premio Atlante de Gravado

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convocou a edición de 2024 do Premio Internacional Atlante de Gravado, que aglutina os seguintes galardóns, ademais de comportar a edición das obras distinguidas:

Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €

Tres premios dotados con 2.500 € cada un

Un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un/unha artista nado/a ou residente en Galicia

 

Ou prazo de inscrición manterase aberto ata ou 31 de maio de 2024.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades