Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Monstr3s

Texto de presentación da actividadeSabes como se fai un libro? Queres coñecer o proceso creativo de Monstr3s da man dos seus autores? Queres saber como ilustra unha autora? E como escribe un ilustrador? Ai, non, que é ao revés!... Ou non? Acompáñanos nesta viaxe por imprentas, cafeterías, autoestradas e conversas e descobre como se fixo esta obra monstruosa.Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-9)
  • Público xuvenil

Duración120 minutosSesións

Galego

Acto de entrega do galardón Socia de Honra de GÁLIX á escritora Gloria Sánchez

Cedemos o espazo para realizar o acto de entrega do galardón Socia de Honra de GÁLIX á escritora Gloria Sánchez pola súa traxectoria profesional, obra e dedicación á literatura infantil e xuvenil galega. O acto, aberto ao público, contará coa presenza da escritora Gloria Sánchez, o escritor Miguel Vázque Freire, que realizará a laudatio de homenaxe, e o presidente de Gálix David Cortizo Conde e demais membros da directiva. 

Na sala infantil. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Obradoiros de cultura urbana

As actividades do programa de dinamización do uso da lingua galega FalaRedes continúan cos obradoiros de rap, breakdance e estampado de camisetas. Co galego sempre como lingua vehicular, a mocidade (e quen sexa maior tamén, por suposto) gozará da aprendizaxe das expresións artísticas e deportivas da cultura urbana do máis alto nivel.

Calendario

Galego

A maxia dos libros

Texto de presentación da actividade

O espectáculo "A maxia dos libros" é unha representación única onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir dos 7 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades