Pakolas: Rockeamos todas
Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Na súa longa andaina de traballo nas cancións infantís, Paco sempre pon de manifesto que a música é universal pero as letras deben estar pensadas para o público miúdo.

